A Clockwork Orange: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ca:La taronja mecànica (novel·la)
m con unha > cunha, espazos…
Liña 4:
 
==Argumento==
Alex, Pete, Georgie e Lerdo son 4 mozos violentos que non teñen nada mais que un entretemento: roubar, matar, violar e pegar malleiras. Cóntase como os catro realizan os seus actos vandálicos e como se buscan as súas coartadas. Actúan por pura inercia como animais que levan sen comer unha semana, sen importarlles o máis mínimo o dano que poidan producir aos demais. Só buscan o seu propio pracer nestes actos tan deplorables.
 
Unha mañá Alex erguérase con dor de cabeza e decidiu non ir á clase. Mentres estaestá na súa casa recibe unha visita, era o seu monitor do correccional. Advírtelle que non se meta en leas porque a próxima vez xa non iría ao correccional senón ao cárcere. Cando este se vaimarcha, Alex decídese a ir á tenda de discos onde coñece dúas rapazas, as que invita á súa casa onde as emborracha e despois as viola. Despois da súa repudiable acción Alex cae rendido na cama,e cando esperta xa é tarde, pasárase a noite máis a tarde durmindo.
 
Cando sae da súa casa para empezar unha nova noite de delito encóntrase cos seus compañeiros. Estes explícanlle que están cheos de roubos menores e que querían dar un golpe no que estivese en xogo moito diñeiro ademais do seu desprezo cara a eles. A reacción de Alex non se fixo esperar puxo as cousas no seu sitio e tivo un enfrontamento con Georgie do que saíu vitorioso.Esa noite non comezaba ben,e remataría moi mal.
 
Despois de múltiples intentos de que unha anciá lles abrise a porta, Alex dispúxose a entrar pola ventá facendo ver así os seus compañeiros que el era o líder. O enfrontamento coa anciá resultou mais duro do que parecía. A anciá defendeuse con uñas e dentes e coa inestimable axuda dos seus gatos, nun dos forcexos a anciá caeu ao chan e resultou mal ferida. Á saída Alex foi golpeado polo Lerdo e quedou inconsciente á saída da casa. Esperando o seu corpo así a chegada da policía.
Alex é levado entón a dependencias policiais onde recibe unha malleira por parte da policía. Á mañá seguinte comunicáronlle que a anciá morrera polos seus golpes. El é encarcerado por 14 anos pero Alex empeza a gañar a confianza do capelán do cárcere participando nas misas e facéndolle saber os plans dalgunhas presos para escaparse. A entrada dun novo preso na cela provocou un enfrontamento que rematou coa morte do novo inquilino, e Alex foi culpado e trasladado a un novo sistema de reinserción de presos que se dicía que era completamente eficaz,e en 15 días o preso estaba disposto para volver á rúa.
 
Empeza así co programa de reinserción que consistía en ver unha serie de películas nas que se contemplaban unhas escenas con unhacunha crueldade fora da común. A súa estancia polo menos era cómoda xa que lle deron una habitación para el só con unha serie de comodidades que non tiña no cárcere. As sesións eran insoportables para Alex e provocábanlle unha dor que non lla desexaba a ninguén. Os científicos estaban moi contentos coa súa progresión. Finalmente chega o día definitivo e Alex enfróntase á ultima proba que lle pode devolver a súa liberdade.
 
Expóñenselle a Alex unha serie de situacións ante as que antes reaccionaría coa violencia, pero agora todo era diferente e Alex xa non era o mesmo, el sentía un esaxerado repudio ante esa violencia que solo lle provocaba dor.Alex pode volver de novo a súa casa pero cando chega atópase con que seus pais alugáranlle a habitación a un señor e xa non o queren na casa.
Liña 19:
Despois disto decidiu dar un paseo pola cidade e foi entón á biblioteca onde tivo un reencontro con un vello vítima da súa vida pasada, pero este acordábase ben da cara de Alex e non dubidou nin un momento en darlle unha malleira coa axuda duns compañeiros. Cando chegou a policía a sorpresa foi enorme. Os policías resultaron ser Billy Boy o seu peor inimigo e Lerdo o seu traidor compañeiro.
 
Estes tomáronse a xustiza pola súa conta e levárono as aforas da cidade onde lle pegaron unha malleira. Cando se foron Alex encontrou unha pequena aldea na que buscou refuxio nunha casa que lle parecía coñecida. Resultou ser a casa dun escritor que fora tamén a súa vítima, pero el non o recoñeceu xa que daqueles tempos Alex cometía os delitos con caretas na cara. Dito home prestoulle toda a axuda necesaria e presentoulle a uns homes que supostamente o ían volver facer unha persoa normal.
 
Alex foi levado a unha casa onde o encerraron,cando de repente comezou a soar unha música que provocou a Alex unha dor insufrible o que o levou a saltar pola ventá. Alex de repente encontrouse no hospital todo escaiolado sen sentir ningunha parte do seu corpo. Un día recibiu a visita de seus pais que lle dixeron que estaban moi afectados polo fixeran e que sempre tería un sitio na casa, pero Álex ignóraos e pídelles que se marchen, tamén recibe a visita do ministro do interior o cal lle pide desculpas polos danos causados e dille que cando saíra dalí tería unha recompensa. Co paso dos días Alex dáse conta que ese repudio pola violencia vai desaparecendo e que por fin seria unha persoa normal.