Diferenzas entre revisións de «Volcán»

m
Cando as erupcións dun volcán están acompañadas de gases quentes e cinzas prodúcese o que se coñece como fluxo piroclástico ou [[nube ardente]]. Tamén coñecida como ''avalancha incandescente'', a nube ardente desprázanse pendente abaixo a velocidades próximas aos 200 km/h. A sección basal destas nubes conteñen gases quentes e partículas que flotan neles. Desta forma, as nubes transportan fragmentos de rochas que grazas ao rebote dos gases quentes en expansión deposítanse ao longo de máis de 100 km dende o seu punto de orixe.
 
En [[1902]] unha nube ardente dun pequeno volcán chamado [[Monte Pelée]] na illa [[Caribe (rexión)|caribeña]] de [[Martinica]] destruíu á cidade portuaria de [[SanSaint PedroPierre (Martinica)|SanSaint PedroPierre]]. A destrución foi tan devastadora que morreu case toda a poboación (uns 28.000 habitantes). A diferenza de [[Pompeia]], que quedou soterrada nun manto de cinzas nun período de tres días e as casas quedaron intactas (salvo os teitos polo peso das cinzas), a cidade de San Pedro foi destruída só en minutos e a enerxía liberada foi tal que as árbores foron arrincados de raíz, as paredes das casas desapareceron e as monturas dos canóns se desintegraron. A erupción de Pelée mostra o distintos que poden ser dous volcáns do mesmo tipo.
 
==== Lahar ====
19.544

edicións