Philip Noel-Baker: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
m Partido Laborista (Reino Unido)
Liña 1:
'''Philip John Noel-Baker''', nado o [[1 de novembro]] de [[1889]] e falecido o [[8 de outubro]] de [[1982]], foi un político, diplomático e atleta [[Reino Unido|británico]], que recibiu o [[Premio Nobel da Paz]] en [[1959]].
 
De familia [[cuáquero|cuáquera]] educouse en [[Inglaterra]] e nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Participou nos [[Xogos Olímpicos de 1912]], [[Xogos Olímpicos de 1920|1920]] e [[Xogos Olímpicos de 1924|1924]], levando unha medalla de prata en 1500 metros en [[Antuerpe]] 1920. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] organizou a [[Friends' Ambulance Unit]] da fronte francesa e estivo no servizo de ambulancias da fronte italiana. Despois da guerra participou na formación da [[Liga de Nacións]] como axudante de [[Robert Cecil]], foi profesor de [[dereito internacional]] na [[Universidade de Londres]] (1924-1929). Politicamente adscrito ó [[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]] competiu sen éxito na circunscrición de [[Coventry]] para o Parlamento en 1924, si accedeu nas eleccións de 1929, perdeu nas eleccións de 1931 e de novo voltou ó parlamento en 1936 por [[Derby]], cando a circunscrición se dividiu en 1950 el pasou á de Derby sur e seguiu no parlamento ata 1970. En 1977 foi promovido a barón Noel-Baker. Foi presidente do [[Partido Laborista do Reino Unido|Partido Laborista]] en [[1946]], secretario de Estado do Aire (1946-1947) e secretario de Estado para as relacións coa Commonwealth (1947-1950)
 
{{Premio Nobel da Paz}}