Erupción volcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 37:
*'''Hawaiana''': presente en volcáns con volcanismo lávico, son nomeadas así polos volcáns das illas Hawai. As súas lavas son moi fluídas, sen que teñan lugar desprendementos gasosos explosivos; estas lavas desbordan só cando rebasan ó [[cráter (volcán)|cráter]] e deslízanse con facilidade polas ladeiras, formando verdadeiras correntes a grandes distancias. Algunhas partículas da lava ao seren arrastradas polo [[vento]], forman fíos cristalinos que os nativos chaman “cabelos da deusa Pelé”. Son os máis comúns no mundo, a súa [[perigosidade]] é nula ou escasa.
 
*'''Estromboliana''': caracterízase por frecuentes explosións, aínda que non violentas, e emisións pacíficas de lavas. Propia de estrato-volcáns coma o volcán [[Stromboli]] ([[Mar Tirreno]], [[Italia]])
[[Ficheiro:Stromboli Eruption.jpg|miniatura|Erupción estromboliana]]
 
*'''Vulcaniana''': mostra lavas viscosas constantemente fragmentadas por explosións e un [[cono]] formado case unicamente por proxección de [[piroclasto]]s que reciben o nome de [[tefra]]. A explosividade é producida ó destaponarse a [[cheminea]] volcánica debida ás elevadas presións alcanzadas polos gases do interior, son explosións moi violentas. Hai unha pequena posibilidade de formación dunha [[nube ardente]], presenta erupcións fretomagmáticas frecuentes. Propia do Vulcano ([[Mar Tirreno]], [[Italia]]).
 
*'''Vesuviana''': Caracterízase por alternar erupcións de piroclastos con erupcións de coadas lávicas, dando lugar a unha superposición en estratos que fai que este tipo de volcáns alcance grandes dimensións. Volcáns de tipo vesuviano son o [[Vesuvio]], o Teide ou o Fuxi.