Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: th:สิ่งมีชีวิตหลายเซลล์ |
arranxiño |
||
Liña 1:
Un '''organismo pluricelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significan "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "celda", "cuarto pequeno") é aquel [[Ser vivo|organismo]] que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos [[Organismo unicelular|organismos unicelulares]] ([[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes [[Tecido (bioloxía)|tecido]]s e [[Órgano (bioloxía)|órganos]]. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como
Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a [[anatomía]].
|