Wikipedia:Dereitos de autoría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
continúo con máis achegas de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37:
 
Se quere importar contido multimedia (incluído texto) atopado nalgures, só o pode facer se está no dominio público ou baixo unha licenza compatible coa CC-BY-SA. É obriga do editor comprobar a compatibilidade dese material coa Wikipedia. Os permisos explícitos para usar material protexido deben obterse de acordo [[Wikipedia:Como doar materiais|cos nosos procedementos]] e incluír unha nota indicando isto.
 
Se usa parte dunha obra protexida por copyright baixo o principio de "uso aceptábel", ou se obtén un permiso especial para usar material protexido por copyright de quen o detenta baixo os termos da nosa licenza, deberá facelo constar (xunto cos nomes e datas). Consta entre os nosos obxectivos a posibilidade de redistribuir libremente canto material da Wikipedia sexa posíbel, polo que se prefiren imaxes orixinais e ficheiros de son licenciados baixo a GFDL ou no [[dominio público]] a ficheiros de medios con copyright con "uso aceptábel".
 
'''Nunca''' use materiais que violen os dereitos de autoria doutras persoas. Isto podería crear responsabilidades legais e danar seriamente a Wikipedia. En caso de dúbida, escriba o contido nas súas palabras, creando así unha nova obra protexida que se poida incluír na Wikipedia sen problema.