Alianza Popular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
Miñato (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Alianza Popular''' (AP) foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na sua maioría por ex ministros franquistas: [[Reforma Democrática]] ([[Manuel Fraga Iribarne]]), [[Acción Rexional]] ([[Laureano López Rodó]]), [[Acción Democrática Española]] ([[Federico Silva Muñoz]]), [[Democracia Social]] ([[Licinio de la Fuente y de la Fuente]]), [[Unión do Pobo Español]] ([[Cruz Martínez Esteruelas]]), [[Unión Social Popular]] ([[Enrique Thomas de Carranza]]), [[Unión Nacional Española]] ([[Gonzalo Fernández de la Mora]]) e outros.
 
O seu primeiro secretario xeral e logo presidente en 1979 foi [[Manuel Fraga]], ex ministro de Información e Turismo do goberno do dictador [[Francisco Franco]]. [[Jorge Verstrynge Rojas]] foi elixido secretario xeral en decembro, e foi cesado en 1986 en favor de [[Alberto Ruiz Gallardón]], pasándose aquel ó [[PSOE]]. Durante as primeiras eleccións da [[Transición]] democrática AP representou o "franquismo sociolóxico", e obtivo moi discretos resultados electorais. En 1977 obtuvo o 8,2% dos votos e 16 escanos, que se viron reducidos ó 6% e 10 deputados en 1979 ás que se presentou baixo o nome de [[Coalición Democrática]] (CD) xa sen os sectores máis abertamente franquistas.
 
Tralo afundimento da entón gobernante [[Unión de Centro Democrático]], Alianza Popular formou xunto con algúns dos seus restos ([[Partido Demócrata Popular]] e [[Partido Liberal]]) a [[Coalición Popular]], que se convertiría en 1982 no primeiro partido da oposición, co 26% dos votos e 107 escanos. En 1983 ingresou na [[Unión Democrática Internacional]] formada por partidos de centro dereita. Similares resultados aos de 1982 repetiríanse nas eleccións de 1986, baixando a 105 deputados.
 
No referéndo sobre a permanencia de [[España]] na [[OTAN]] celebrado en 1986 AP propugnou a abstención ou o voto en branco. En decembro de [[1986]], e tralo fracaso de Alianza Popular nas eleccións autonómicas do [[País Vasco]] celebradas en novembro de dito ano, Manuel Fraga Iribarne presentou a sua dimisión como presidente de Alianza Popular.
 
Tras un congreso extraordinario, febreiro de 1987, a candidatura de [[Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón]] é rexeitada en favor da de [[Antonio Hernández Mancha]], quen tiña en contra o aparato central do partido, Mancha presentou unha moción de censura ao goberno de Felipe González e intentou unha unión co [[CDS]] mesmo a costa de cederlle o liderato a [[Adolfo Suárez]] que contou co rexeitamento de Fraga e que supuxo a destitución de Hernández Mancha. No ano [[1989]] nun proceso de refundación cambiou o seu nome ó de [[Partido Popular]]
[[Category:Partidos políticos]]