Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
sobretodo>sobre todo
Liña 2:
 
== Ideario político ==
O partido rexeitará o [[integracionismo]] e as posturas de non violencia de [[Martin Luther King]] deixando claro desde os seus comezos que non se comprometerían de ningún xeito coas estruturas do poder branco. Escollen organizarse baixo o termo "autodefensa", como principio oposto á non violencia. Moi influenciados polo movemento polos [[Dereitos Civís]] e sobretodosobre todo polo pensamento de [[Malcom X]], o partido botará a andar pouco despois do seu asasinato baixo o ''"Programa dos Dez Puntos"''.
 
* 1-Queremos a liberdade, queremos o poder de determinar o destino da nosa comunidade negra;
Liña 24:
== Autodefensa ==
Entre as súas accións políticas destacaron a reivindicación do dereito a levar armas cargadas en público, protagonizada por unha marcha ao Capitolio do Estado de [[California]], en [[Sacramento, California|Sacramento]] na que os participantes portaban rifles.
 
Tamén se comprometeron na creación de patrullas de autodefensa, formadas por homes armados que levaban unha copia do Código Penal de [[California]], demostrando así que non violaban ningunha lei. A súa misión era a de protexer a poboación negra da brutalidade policial. Tales patrullas entraron en conflito numerosas veces coa policía, producíndose numerosos mortos e feridos. En 1970 polo menos 34 membros dos Panteras Negras foran asasinados pola policía, forza que á súa vez reivindicaba 14 mortos e numerosos feridos de entre as súas filas. As tensión entre a organización e a policía agraváronse cada vez máis, sobretodosobre todo no que atinxía aos axentes afroamericanos, obxectivo prioritario da organización por consideralos colaboracionistas.
== Represión e Decadencia ==
En 1967 o [[FBI]] comezará a investigar os grupos afroamericanos, entre eles os Panteras Negras. Sospéitase que dentro desas tácticas de control incluíanse prácticas de infiltración, sabotaxe e asasinato, que se supoñen orixe das múltiples disensións internas que deixarían o partido practicamente inoperante xa en 1970.
Liña 30 ⟶ 31:
Produto das accións do [[FBI]], os Panteras Negras entraron en conflito cos '''Blackstone Rangers''', unha cuadrilla da cidade de [[Chicago]]. Porén en [[California]] o conflito forxouse coa organización '''United Slaves''' ('''[[Escravos Unidos]]'''), que en 1969 asasinaron aos responsábeis locais dos Panteras Negras [[Bunchy Carter]] e John Huggins.
Sospéitase tamén da instigación dun infiltrado do [[FBI]] George Sams no asasinato do militante Alex Rackley a mans dos seus propios compañeiros de partido, tras sinalalo como un informador.
 
A partir de 1970 os Panteras Negras ficarán divididos en varias faccións, das que destacan dúas tendencias fundamentais, unha liderada por [[Huey P. Newton]] e [[David Hilliard]] máis próxima ao espírito de servizo á comunidade e aos principios da autodefensa, e outra máis partidaria dunha estratexia de confrontación próxima á loita armada. Produto deste cisma foi o xurdimento en 1971 do '''Black Liberation Army''' ('''[[Exército Negro de Liberación]]'''), un grupo paramilitar que xa existía solapadamente na parte máis radical da organización.