Arteriosclerose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
sobretodo>sobre todo
Liña 1:
{{Avisomedico}}
A '''arterioesclerose''' é unha [[doenza dexenerativa]] que afecta ás [[arteria]]s de xeito progresivo, [[crónico]] e xeralizado. Prodúcese por unha acumulación de [[graxa]] nas camadas internas da arteria que provoca o seu endurecemento e mesmo a [[calcificación]]; isto supón o estreitamento da [[luz]] pola que pasa o [[sangue]] e, en último lugar, a [[oclusión]] da arteria. Este proceso de estreitamento produce unha serie de transtornos causados pola diminución da chegada de sangue, que darán lugar ás [[síntoma]]s da enfermidade. A arterioesclerose é a doenza que produce maior número de mortes nos países occidentais, causadas sobretodosobre todo porque afecta á circulación do sangue no [[corazón]] e no [[cerebro]]. Preocupan máis as secuelas e incapacidades que provoca que a mortalidade que causa.
 
O termo ''arteriosclerose'' foi introducido por [[Lobstein]] en [[1829]] e significa "endurecemento das arterias". Aínda non se coñece cal é a súa causa.
Liña 7:
Durante a [[infancia]] ou [[adolescencia]] pódense producir unhas lesións consistentes en estrías de graxa, fundamentalmente [[colesterol]] ou derivados, limitadas á capa íntima da arteria. Estas lesións temperás poden retornar máis tarde.
 
Máis tarde na vida aparecen '''placas fibrosas''' localizadas sobretodosobre todo nas bifurcacións arteriais e constituídas por un núcleo graxo rodeado dunha cápsula de tecido elástico e [[coláxeno]]. Este proceso afecta á capa íntima da arteria e costúmase asociar a unha disrupción da membrana elástica interna. Representan unha lesión máis permanente e están asociadas coa aparición de sintomas.
 
As placas fibrosas poden evoluir e tornárense '''placas complicadas''', que afectan a toda a camada íntima e aparecen como incrustacións na camada media. Poden ocasionar complicacións, como calcificación, [[hemorraxia]] e/ou [[úlcera|ulceración]].