Quimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''quimo''' (do lat. ''chymus'', e este do gr. ''χυμὀς khymós'', zume) é unha masa pastosa, semisólida e ácida, que se forma durante a dixestión inicial dos alimentos. Fórmase polos movementos de [[contracción]] que posúen as paredes musculares do [[estómago]], e pola acción química da [[pepsina]], enzima que desdobra quimicamente as [[proteína]]s, e por acción do [[ácido clorhídrico]] (HCl) que segregan as [[célula parietal|células parietais]] das criptas de Liéberkum ou criptas gástricas situadas na mucosa do estómago. O quimo pasa despois ao [[duodeno]], onde continuará a súa dixestión transformándose no quilo.
 
[[Categoría:Aparato dixestivo]]