Diferenzas entre revisións de «Virxindade»

m (r2.7.2+) (Bot: Engado: hr:Djevičanstvo)
En gran parte das culturas onde a virxindade ten importancia, refírese á virxindade da [[muller]], para a cal se adoita usar como discriminante a existencia dun [[hime]] intacto ou non. Existen, entón, dúas definicións frecuentemente usadas para a virxindade para a muller: o non ter relacións sexuais, e o ter un hime intacto. Para a primeira atópase o problema de definir que é unha relación sexual. Para a segunda, unha muller pode participar doutras actividades sexuais e conservar o seu hime.
 
En relixións como a [[xudaísmo|xudía]] e [[islamismo|islámica]], por ser un factor importante do valor espiritual, a virxindade é un requisito para o [[matrimonio]]. O [[cristianismo]] considera que as relacións sexuais fóra do ámbito do matrimonio son pecaminosas.
 
En varias culturas africanas aínda se practica a [[Infibulación|infibulación]] das nenas entre 2 e 8 anos de idade como xeito de preservar o hime e a virxindade. A operación é realizada por unha curandeira ou parteira, sen [[anestesia]], e consiste nunha [[Ablación|clitoridectomía]] seguida por un peche [[vaxina]]l permanente. Soamente se lles deixa unha pequena abertura para a emisión de ouriños e sangue [[Menstruación|menstrual]]. É frecuente que as nenas sufran [[infección]]s graves como resultado da práctica. Anos máis tarde, a [[vulva]] ábrese cun coitelo inmediatamente despois do [[matrimonio]] ou antes dun [[parto]].
191.052

edicións