Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Uretra]]'''. A uretra sae da [[vexiga urinaria]] e chega ao exterior expulsando a [[urina]]. Nas mulleres é un conduto exclusivamente urinario, pero nos homes é un conduto urinario e xenital, xa que os condutos exaculadores verten o seme na uretra na súa porción prostática. A uretra divídese xeralmente en ''porción prostática'', que atravesa a próstata e na que desembocan as secrecións da próstata, ''porción membranosa'', situada entre a próstata e o corpo esponxoso, e ''porción esponxosa'', que cursa polo interior do corpo esponxoso todo ao longo do pene, e cando chega ao glande expándese formando a fosa navicular, que se abre ao exterior por unha fenda vertical chamada orificio uretral externo. Os condutos das [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]] desembocan na parte proximal da porción esponxosa. Das paredes da uretra, principalmente da porción esponxosa, ramifícanse as [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que producen unha secreción mucosa.
 
===Glándulas===
191.509

edicións