Calendario hebreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ano (astronomía)
m →‎Época: arranxiño
Liña 105:
 
=== Época ===
A [[época]] do moderno calendario hebreo é 1 de Tishri AM 1 (AM = [[Anno mundi|''anno mundi'' = no ano do mundo]]), que en [[calendario xuliano proléptico]] é luns, [[7 de outubro]], [[século 38 a.C.-3761|3761 a.C.]], a data tabular equivalente (mesmo período de luz solar). Esta data é ao redor de un ano antes da data tradicional da [[Creación]] o 25 de Elul AM 1. (Unha opinión minoritaria pon a Creación o 25 de Adar AM 1, seis meses antes, ou seis meses despois da época moderna). Así, engadindo 3760 a calquera ano do calendario xuliano ou gregoriano despois do 1 d.C. amosará o ano hebreo que coincide con ese ano no calendario tradicional europeo, rematando ese outono. (Engade 3761 para os que anos comecen en outono). Debido ao pouco descompasados que están os dous sistemas, isto será así por outros 20.000 anos.
 
A data tradicional hebrea para a destrución do primeiro Templo (3338 AM) difire da moderna data científica, que é normalmente expresada usando o calendario gregoriano (586 d.C.). A data científica ten en conta indicios do calendario babilonio antigo e das súas observacións astronómicas. Nestes casos, a diferencia entre o ano hebreo tradicional e a data científica no calendario gregoriano é o resultado dun desacordo sobre cando ocorreu o feito —e non simplemente ás diferencias entre os calendarios.