Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
máis de en.wp
Liña 58:
Esta segunda versión contén investigación orixinal porque expresa a opinión dunha persoa que, a partir da definición que o manual de Harvard dá sobre o plaxio, decide que Jones non incorreu nesta práctica. Para que a segunda redacción fose compatible con esta política, necesitaríase unha fonte acreditada que especificamente comente a disputa entre Smith e Jones e fixese o mesmo co manual de Harvard e o plaxio. Noutras palabras, esa análise debe estar publicada nunha fonte acreditada en relación ao tema antes de poderse publicar na Wikipedia.
 
== Imaxes orixinais ==
{{En uso}}
{{VT|Wikipedia:Política de uso de imaxes}}
Debido ás leis de dereitos de autoría dun número de países, hai relativamente poucas imaxes dispoñibles para usalas na Wikipedia. Por este motivo, son benvidas as fotografías dos propios editores, que as poden liberar baixo licenzas libres como a [[GFDL]], a [[CC-BY-SA]] e outras. As imaxes orixinais creadas polos wikipedistas non se consideran investigación inédita, sempre que non ilustren ou introduzan ideas ou argumentos inéditos. Os pés de foto das imaxes están suxeitos a esta política na mesma medida que as afirmacións expostas no corpo do artigo.
 
Non é aceptable o uso da [[manipulación fotográfica]] para distorsionar os feitos ou posicións ilustradas por unha imaxe. As imaxes manipuladas deben estar marcadas dun xeito visible como tales. As imaxes manipuladas nas que o valor enciclopédico se vexa significativamente afectado deben publicarse en [[Wikipedia:Imaxes para borrar]]. As [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|imaxes de persoas vivas]] non poden representar o suxeito desde unha visión falsa ou despectiva.
==Por que as investigacións inéditas non están permitidas?==
Alén dos motivos xa expostos, a principal motivación para non aceptar investigacións inéditas atópase na importancia de evitar o uso da Wikipedia como vehículo de promoción de ideas e teorías persoais, tanto por editores imbuídos de boa fe como os movidos pola má fe. Normalmente, accións movidas pola mala fe parten de persoas particularmente excéntricas, charlatáns e "[[troll]]s", cuxo obxectivo é chamar a atención das súas ideas ou de si mesmos.
 
== Traducións e transcricións ==
Con todo, investigacións orixinais van alén das teorías excéntricas, pois inclúen tamén as visións e análises persoais ou opinións políticas dos editores, ben como súa interpretación persoal e análise inédita de material publicado, partindo de posicións que o editor poda ter ou apoiar.
A tradución de materiais referenciados ao galego ou a transcrición das palabras dunha gravación de son ou de vídeo non se considera investigación inédita. Para atopar máis información sobre como manexar fontes que necesitan tradución, véxase [[Wikipedia:Verificabilidade#Fontes non galegas]].
 
Esta directriz aplícase a todos os editores e visa a asegurar a reputación da Wikipedia de varias maneiras:
 
* A Wikipedia ten o deber de fornecer informacións que sexan fiábeis e verificábeis a seus lectores;
* As fontes fiábeis posibilitan que os lectores podan continuar a súa investigación consultando directamente as obras que deran orixe a determinado artigo. Ao final, a primeira acción de moitas persoas ao iniciar unha investigación é xustamente consultar unha enciclopedia;
* Apoiarse en fontes citadas esclarece os diversos puntos de vista de un artigo e, por tanto, posibilita cumprir outra directriz fundamental da Wikipedia, que é o [[Wikipedia:Principio da imparcialidade|principio da imparcialidade]].
 
'''''Atención''''': Cabe salientar que o feito de non aceptar determinados contidos non indica que tales aportes sexan ruíns ou non merezan destaque, a cuestión encóntrase na propia natureza constitutiva dunha enciclopedia, que non pode ser vehículo para investigacións inéditas.
 
En todos os casos, a imposibilidade de crear ou editar artigos baseados en investigacións inéditas '''non é desmerecemento ao valor do traballo en si'''. Até mesmo unha investigación digna de premios do porte de un [[Premio Nobel]] ou de un [[Pulitzer]] non ten lugar na Wikipedia visto que tal traballo aínda non foi publicado por unha fonte que dispoña de un comité editorial recoñecido.
 
==Imaxes==
As imaxes encóntranse de unha forma xeral excluídas da política que non autoriza investigación inédita, unha vez que os editores da Wikipedia son incentivados a tirar fotografías ou a realizar deseños (que deben ser lanzados polos seus autores na licenza [[Licenza de Documentación Libre GNU|GNU Free Documentation License]] ou outra licenza libre) para ilustrar os artigos.
 
As razóns por tras desta posición son as seguintes:
*Unha imaxe é xeralmente utilizada para ilustrar un artigo, non representando a presentación de unha teoría ou punto de vista inédito;
*A existencia de leis de dereitos de autor en varios países limita a posibilidade de usar na Wikipedia imaxes que non estean suxeitas a estas leis. Así, as imaxes producidas polos membros da Wikipedia enchen a lagoa xerada pola ausencia de imaxes libres.
 
Un aspecto negativo asociado á liberdade concedida aos editores en cargar arquivos de imaxes inéditas é a posibilidade de manipulación da imaxe, de modo a distorsionar feitos. As imaxes que son o produto de manipulación deben ser remetidas para a páxina [[Wikipedia:Imaxes para borrar]].
 
Imaxes que representen investigación inédita, como un deseño sobre unha teoría persoal relativa á técnica de construción das pirámides exipcias, non están autorizadas.
 
Todas as imaxes cargadas están suxeitas ás políticas e recomendacións expresas en [[Wikipedia:Política de uso de imaxes]].
 
{{En uso}}
==Políticas relacionadas==
=== [[Wikipedia:Verificabilidade|Principio de verificabilidade]] ===