Viriato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: ast:Viriato
m Numancia, España
Liña 2:
'''Viriato''' ([[-180|180 a.C.]] - [[-139|139 a.C.]]) foi un dos líderes dos pobos lusitanos, pobos [[celtiberos]], que se enfrontou aos [[Imperio Romano|romanos]] na [[Península Ibérica]]. Foi traizoado por un puñado de seguidores por diñeiro. Con todo, despois de morrer Viriato, os seus seguidores foron mortos ou escravizados.
 
==Traxectoria==
Viriato, un pastor e cazador nos Montes Herminios (actual [[Serra da Estrela]] en Portugal), foi elixido xefe dos [[Lusitania (provincia)|lusitanos]]. Despois de defender vitoriosamente as súas montañas, Viriato lanzouse decididamente nunha guerra ofensiva. Entra triunfante na [[Hispania Citerior]], (división romana da [[Península Ibérica]] en dúas [[provincia]]s, Citerior e [[Hispania Ulterior|Ulterior]], separadas por unha liña perpendicular ao [[río Ebro]] e que pasaba polo ''saltus Castulonensis'' (a actual [[Serra Morena]], en [[Andalucía]]), e lanza ataques sobre as cidades que recoñecen o goberno de [[Roma Antiga|Roma]].
 
En [[-147|147 a.C.]] oponse á rendición dos lusitanos a [[Caio Vetilio]] que os tería cercado no val do [[Betis]], na [[Turdetania]]. Máis tarde derrotaría os romanos no desfiladeiro de Ronda, que separa a planicie do [[Guadalquivir]] da costa marítima da [[Andalucía]], onde viría a matar ao propio Vetilio. Máis tarde, nova vitoria contra as forzas de [[Caio Plaucio]], tomando [[Segóbriga]] e as forzas de [[Claudio Unimano]] que, en [[-147|146 a.C.]] era o gobernador da Hispania Citerior. No ano seguinte as tropas de Viriato voltan a derrotar os romanos comandados por [[Caio Níxidio]].
 
Aínda nese ano, [[Fabio Máximo]], irmán de [[Escipión o Africano]], é nomeado cónsul da Hispania Citerior e encargado da campaña contra Viriato séndolle, para iso, fornecidas dúas lexións. Despois de algunhas derrotas, Viriato consegue recuperar e, en [[-143|143 a.C.]] volta a derrotar os romanos, empurrándoos para [[Córdoba, España|Córdoba]]. Ao mesmo tempo, as tropas [[celtiberos|celtibéricas]] revoltábanse contra os romanos iniciando unha loita que só terminaría por volta de [[-133|133 a.C.]] coa caída de [[Numancia, España|Numancia]].