Humphrey Bogart: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: is:Humphrey Bogart
Toliño (conversa | contribucións)
m *engranaxe -> engrenaxe
Liña 30:
|outros premios =
|imdb = 0000007
}}
}}'''Humphrey Bogart''', nado en [[Nova York]] o [[25 de decembro]] de [[1899]] e finado o [[14 de xaneiro]] de [[1957]], é seguramente un dos actores cinematográficos máis coñecidos. De feito pasou xa a ser unha icona da cultura do [[século XX]]. A súa fotografía de tres cuartos, con sombreiro ou sen el, con ou sen gabardina, forma parte das lembranzas da época dourada do [[cinema]]. A súa carreira está ateigada de grandes filmes e de ambiguos personaxes, case sempre perdedores, que contribuíron notablemente á imaxe que temos del.
 
== Traxectoria ==
=== Pobre neno rico ===
Liña 36 ⟶ 38:
 
Humphrey Bogart ingresou nos máis prestixiosos colexios de Nova York e de [[Massachusetts]]. En [[1918]], porén, foi expulsado da Phillips Academy, supostamente por fumar. Pero, en verdade, Bogart era un mal estudante e pouco amigo da autoridade.
 
=== Os anos de Broadway ===
A Bogart non lle quedou máis remedio que enrolarse na Reserva Naval dos Estados Unidos. Pero o seu eran as táboas dun escenario. En [[1921]] comezou a súa carreira teatral en Brooklyn. Interpretou un [[mordomo]] [[Xapón|xaponés]]. Non foi un gran papel pero permitiulle traballar en 21 producións de [[Broadway]] entre [[1922]] e [[1935]].
Liña 46 ⟶ 49:
 
Ademais, durante as representacións desta obra, Bogart trabou amizade con [[Leslie Howard]], quen lle prometeu que presionaría para que Bogart fose Duke Mantee na versión cinematográfica que preparaba a [[Warner Brothers]]. Nun primeiro momento, porén, foi contratado [[Edward G. Robinson]] pese á insistencia de Leslie Howard. Cando Robinson deixou a produción, a teimosía de Howard deu os seus froitos e Humphrey Bogart acabou conseguindo o seu primeiro papel cinematográfico.
 
=== Baixo os focos de Hollywood ===
En [[1936]] rodouse a versión cinematográfica de ''The Petrified Forest'' protagonizada por Humphrey Bogart no seu debut. A partir de aquí, Bogart realizou para a Warner Brothers unha serie de películas de temática criminal nas que encarnou a un bo fato de tipos malos e violentos, case sempre condenados á cadeira eléctrica. Dise que durante esta época do Bogart gangsteril, foi executado 12 veces e sumou unha pena de 800 anos de traballos forzados.
Liña 51 ⟶ 55:
O éxito empezaba a acompañalo na gran pantalla. Non obstante, o seu matrimonio con Mary Philips desfíxose cando a actriz non quixo seguir a Bogart dende Broadway ata Hollywood. Como fose, o [[21 de agosto]] de [[1938]], Bogart volveu casar con Mayo Methot, unha alcohólica paranoide que en nada contribuíu á tranquilidade de Bogart.
 
Aínda que Bogart protagonizou ata 28 films de [[serie B]] entre 1936 e [[1940]], case todos interpretando a gangsters, [[Jack Warner]] non estaba demasiado interesado en convertelo nunha das súas estrelas. Simplemente era unha peza máis da engranaxeengrenaxe industrial do cinema hollywoodense que debía rodar unha media dunha película cada dous meses. Bogart non estaba feliz cos papeis que recibía mais non podía rexeitalos baixo pena de ser suspendido de soldo. O feito de que non estaba conforme cos criterios do estudio demóstrao que reiteradamente se utiliza nas películas a súa propia roupa en troques da que lle subministraba a xastraría da Warner Brothers.
 
=== Cara ó Paseo da Fama ===
''High Sierra'' (O último refuxio, [[1941]]) era unha pequena película escrita por John Huston, grande amigo de Bogart e tamén alcohólico, que ía ser dirixida por [[Raoul Walsh]]. Bogart interpretaba como sempre a un gangster: Roy Earle, Can Tolo. Pero tratábase dun perdedor, dese personaxe atribulado que interpretaría en películas posteriores, a medio camiño do mal e do ben. Roy Earle acaba de saír do cárcere e xa planea o seu próximo golpe. Pero ó mesmo tempo namórase dunha rapaza á que quere axudar só para comprobar, unha vez que a axuda, que ela lle mentiu. Obrigado por unha persecución implacable por parte da policía, ten que refuxiarse no cumio dunha montaña. Foi o filme co que Bogart empezou unha ascendente traxectoria cara á popularidade.
Liña 58 ⟶ 63:
 
O seu primeiro papel romántico, Rick Blaine, fíxoo para ''Casablanca'' ([[Michael Curtiz]], [[1942]]), película á cal estará eternamente ligado na memoria do público. Era un papel ambiguo, a medio camiño entre o ben e o mal, un home que personificaba á perfección os valores de sacrificio, de ideais e de esperanza no futuro que precisaba os escuros anos da II Guerra Mundial. O seu éxito foi impresionante (tendo en conta ademais que o guión foi improvisado durante a rodaxe) e o prestixio do filme non parou de medrar co paso do tempo.
 
=== Bogart e Bacall ===
[[Ficheiro:Bogart Bacall AFRS.jpg|miniatura|200px|Bogart e Bacall.]]Humphrey Bogart xa era unha estrela consagrada cando coñeceu a [[Lauren Bacall]] durante a rodaxe de ''Ter ou non ter'' (To Have and Have Not, [[Howard Hawks]], [[1944]]). Nesta película Bogart encarnaba a un pescador a soldo que se ve envolto na difícil situación política da Martinica e acaba axudando á Resistencia. Pero o que verdadeiramente encheu a pantalla foi o romance entre Bogart e Bacall. A pesar de diferenza de idade, ambos conxeniaron inmediatamente. Este matrimonio, que durou ata o pasamento de Bogart, si foi verdadeiramente feliz. Bacall converteuse na súa compañeira idónea.
Liña 71 ⟶ 77:
 
O seu declive foi rápido. Pouco antes de morrer apenas pesaba 36 quilogramos. Tiña pouco máis de 57 anos.
 
== Véxase tamén ==
=== VideoLigazóns externas ===
* [http://www.documen.tv/asset/Humphrey_bogart_film.html Documentary 42': Humphrey Bogart... Behind the Legend]
{{Link FA|hr}}
 
[[Categoría:Actores dos Estados Unidos de América|Bogart, Humphrey]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
{{ORDENAR:Bogart, Humphrey}}
[[Categoría:Actores dos Estados Unidos de América|Bogart, Humphrey]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
 
{{Link FA|hr}}
 
[[af:Humphrey Bogart]]