Aparato reprodutor masculino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
* '''[[Vesícula seminal|Vesículas seminais]]'''. Son un par de glándulas con forma de sáculo situadas na base da vexiga e por diante do recto. O extremo superior é groso e arredondado, e a parte inferior adelgaza e forma un curto conduto, que se fusiona co conduto deferente, formando o conduto exaculador. As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s.
* '''[[Próstata]]'''. É unha glándula impar que rodea a parte inicial da uretra. A base da próstata está pegada á cara inferior da [[vexiga urinaria]] e ten un vértice dirixido cara a abaixo. Está atravesada polos condutos exaculadores e pola uretra, os cales se unen por unhas pequenas fendas a cada lado da boca do utrículo prostático. Está dividida poren moitos lobuliños incompletos por tecido fibroso, e chea de tubiños secretores. Estes tubiños glandulares forman decenas de condutos prostáticos, que se abren na parede posterior da uretra, principalmente nos seos prostáticos. As secrecións prostáticas conteñen: [[antíxeno]] específico da próstata, [[ácido cítrico]], [[fibrinóxeno]], [[espermina]], [[cinc]], [[magnesio]], [[encima]]s.
* '''[[Glándula bulbouretral|Glándulas bulbouretrais]]'''. Son un par de pequenas glándulas situadas máis abaixo da próstata e máis arriba do bulbo do pene, á altura da porción membranosa da uretra (pero desembocan na porción esponxosa). Formadas por lobuliños glandulares moi unidos, forman un só conduto duns 2,5 cm, que desemboca na uretra esponxosa. Producen unha secreción lubricante.
 
==Notas==