Aparato reprodutor masculino: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
===Testículos===
Os '''[[testículo|testículos]]''' son dúas gónadas ovoides situadas no escroto, que producen os [[gameto]]s masculinos ([[espermatozoide]]s) e hormonas esteroides ([[testosterona]] fundamentalmente). Comunícanse co epidídimo por medio dos condutiños eferentes. A capa externa do testículo é a túnica albuxínea formada por tecido conxuntivo. Desta túnica parten tabiques fibrosos que dividen o testículo en lobuliños, que terminan na parte posterior no mediastino do trestículo. O mediastino está atravesado por unha rede de condutos chamada rede testicular. Os espazos internos do testículo están cheos de [[túbulo seminífero|túbulos seminíferos]], na parede dos cales se producen as [[meiose]]s que orixinan os espermatozoides. No espazo que queda entre os distintos túbulos seminíferos encóntranse [[célula de Leydig|células de Leydig]] produtoras de testosterona. Os túbulos seminíferos son inicialmente moi retortos, pero despois na zona do mediastino fusiónanse e fanse rectos, e
===Epidídimo===
|