Aparato reprodutor masculino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
==Órganos internos==
Distinguiremos os testículos, epidídimo, os condutos que levan o seme, e as glándulas. <ref name=Anat/>
 
===Testículos===
Os '''[[testículo|testículos]]''' son dúas gónadas ovoides situadas no escroto, que producen os [[gameto]]s masculinos ([[espermatozoide]]s) e hormonas esteroides ([[testosterona]] fundamentalmente). Comunícanse co epidídimo por medio dos condutiños eferentes. A capa externa do testículo é a túnica albuxínea formada por tecido conxuntivo. Desta túnica parten tabiques fibrosos que dividen o testículo en lobuliños, que terminan na parte posterior no mediastino do trestículo. O mediastino está atravesado por unha rede de condutos chamada rede testicular. Os espazos internos do testículo están cheos de [[túbulo seminífero|túbulos seminíferos]], na parede dos cales se producen as [[meiose]]s que orixinan os espermatozoides. No espazo que queda entre os distintos túbulos seminíferos encóntranse [[célula de Leydig|células de Leydig]] produtoras de testosterona. Os túbulos seminíferos son inicialmente nmoi retortos, pero despois na zona do mediastino fusiónanse e fanse rectos, que se abren na rede testicular. Da rede testicular saen os condutiños eferentes que conectan co epidídimo.
 
===Epidídimo===