Diferenzas entre revisións de «Circuíto integrado»

m
→‎Notas: algomáis desde a wiki -es
(→‎Notas: algomáis desde a wiki -es)
m (→‎Notas: algomáis desde a wiki -es)
* '''Circuítos híbridos de capa fina''': Son moi similares aos circuítos monolíticos, pero, ademais, conteñen compoñentes difíciles de fabricar con tecnoloxía monolítica. Moitos [[conversión analóxica-dixital|conversores A/D]] e [[conversión dixital-analóxica|conversores D/A]] fabricáronse con tecnoloxía híbrida ata que os progresos na [[tecnoloxía]] permitiron fabricar [[resistor]]es máis precisos.
* '''Circuítos híbridos de capa grosa''': Apártanse bastante dos circuítos monolíticos. De feito adoitan conter circuítos monolíticos sen cápsula, [[transistor]]es, [[diodo]]s, etc, sobre un substrato dieléctrico, interconectados con pistas condutoras. Os resistores deposítanse por [[serigrafía]] e axústanse facéndolles cortes con [[láser]]. Todo iso encapsulase, en cápsulas plásticas ou metálicas, dependendo da disipación de enerxía calórica requirida. En moitos casos, a cápsula non está "moldeada", senón que simplemente cóbrese o circuíto cunha resina [[Resina epoxi|epoxi]] para protexelo. No mercado atópanse circuítos híbridos para aplicacións en módulos de radio [[frecuencia]] (RF), [[Fonte de alimentación|fontes de alimentación]], circuítos de [[Aceso electrónico|aceso]] para [[automóbil]], etc.
== Clasificación ==
Atendendo ao nivel de integración -número de compoñentes- os circuítos integrados pódense clasificar en:
 
* [[SSI]] (''Small Scale Integration'') pequeno nivel: de 10 a 100 [[transistor]]es
* [[MSI (electrónica)|MSI]] (''Medium Scale Integration'') medio: 101 a 1.000 transistores
* [[LSI]] (''Large Scale Integration'') grande: 1.001 a 10.000 transistores
* [[VLSI]] (''Very Large Scale Integration'') moi grande: 10.001 a 100.000 transistores
* [[ULSI]] (''Ultra Large Scale Integration'') ultra grande: 100.001 a 1.000.000 transistores
* [[GLSI]] (''Giga Large Scale Integration'') xiga grande: máis dun millón de transistores
 
En canto ás funcións integradas, os circuítos clasifícanse en dous grandes grupos:
 
;Circuítos integrados [[electrónica analóxica|analóxicos]].
: Poden constar desde simples transistores encapsulados xuntos, sen unión entre eles, ata circuítos completos e funcionais, como [[amplificador]]es, [[oscilador]]es ou ata [[receptor de radio|receptores de radio]] completos.
 
;Circuítos integrados [[Circuíto dixital|dixitais]].
: Poden ser desde básicas [[Porta lóxica|portas lóxicas]] (AND, OR, NOT) ata os máis complicados [[microprocesador]]es ou [[microcontrolador]]es.
 
Algúns son deseñados e fabricados para cumprir unha función específica dentro dun sistema maior e máis complexo.
 
En xeral, a fabricación dos CI é complexa xa que teñen unha alta integración de compoñentes nun espazo moi reducido, de forma que chegan a ser microscópicos. Con todo, permiten grandes simplificacións con respecto os antigos circuítos, ademais dunha montaxe máis eficaz e rápida.
 
 
 
== Notas ==
{{listaref}}
103.257

edicións