Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: lig. interna
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
En tal ocasión pronuncia un soado discurso, onde opón taxativa e radicalmente, como nunca ninguén se atreveu a facer ata entón, a burguesía e o proletariado, afirmando que "''o proletariado realizará unha nova orde, por encima da lei establecida, e procederá a unha liquidación da burguesía''". Neste momento, Proudhon, que polo xeral ten unha posición non violenta, porque confía nos mecanismos da organización económica, asume unha actitude belixerante, que ben poderiamos chamar "de forza". "''A esperanza de chegar pacificamente á abolición do proletariado -di- é unha pura utopía''". Pouco despois, como reafirmando a idea da loita de clases, engade: "''Pertenzo ao partido do traballo contra o capital''".
 
O [[10 de decembro]] daquel mesmo ano, [[Napoleón III de Francia|Luís Napoleón]] é proclamado Presidente da República pola Asemblea Nacional. Dous anos e medio despois este Presidente converteríase en Emperador, do mesmo xeito que o primeiro [[Napoleón]] pasara do Consulado ao Imperio.
 
Proudhon ataca duramente a [[Napoleón III de Francia|Luís Napoleón]] no seu xornal "La voix du peuple", e considérao como o peor inimigo do proletariado e do socialismo. Por esta razón é condenado, en [[1849]], a varios anos de cárcere. Foxe a [[Bélxica]], onde vive no anonimato durante un tempo, gañándose a vida como profesor particular de matemáticas.
 
Nunha ocasión, ao regresar por motivos privados a Francia, é descuberto, e encerrado na famosa prisión de Santa Pelaxia. Alí dedícase con apaixonado fervor ao estudo e escribe, entre outros libros, ''A idea xeral da revolución''. Mantén tamén unha nutrida e clandestina correspondencia con moitas figuras da oposición, e propicia unha alianza do proletariado coa clase media para derrocar a Luís Napoleón, actitude que lle será reprochada por algúns socialistas, os cales recordaban que poucos anos antes Proudhon contrapuxera dun modo tallante o proletariado e a burguesía.