Historia da electricidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m con unha > cunha
Liña 233:
[[Ficheiro:SamuelMorse.jpg|miniatura|100px|[[Samuel Morse|Morse]] cun prototipo da súa invención]]
 
O inventor estadounidense [[Samuel Morse|Samuel Finley Breese Morse]] (1791-1872) é principalmente coñecido pola invención do [[telégrafo eléctrico]] e a invención do [[código Morse]]. O seu interes polos asuntos da electricidade concretouse durante o regreso dunha viaxe por [[Europa]]. Cando estudaba en [[Universidade de Iale|Iale]] aprendeu que se se interrompía un circuíto víase un fulgor e ocorréuselle que esas interrupcións podían chegar a usarse como un medio de comunicación. Ao desembarcar daquela viaxe en [[1832]], xa deseñara un incipiente telégrafo e comezaba a desenvolver a idea dun sistema telegráfico de arames cun electromagneto incorporado. O 6 de xaneiro de [[1833]], Morse realizou a súa primeira demostración pública co seu telégrafo mecánico óptico e efectuou con éxito as primeiras probas en febreiro de [[1837]] nun concurso convocado polo [[Congreso dos Estados Unidos]]. Tamén inventou un alfabeto, que representa as letras e números con unhacunha serie de puntos e raias, coñecido actualmente como código Morse, para poder utilizar o seu telégrafo. No ano [[1843]], o Congreso dos Estados Unidos asignoulle 30.000 dólares para que construíse a primeira liña de telégrafo entre [[Washington D. C.|Washington]] e [[Baltimore]], en colaboración con [[Joseph Henry]]. O 24 de maio de [[1844]] Morse enviou o seu famoso primeira mensaxe: «Que nos trouxo Deus?». Foi obxecto de moitas honras e nos seus últimos anos dedicouse a experimentar coa telegrafía submarina por cable.<ref>[http://foro.yv5huj.org/templates/BlueSilver/SamuelMorse.html Biografía de Samuel Finley Breese Morse] Bluesilver {{es}}</ref>
 
{{VT|Samuel Morse}}