Cerámica castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m con unha > cunha
Liña 4:
A '''[[cerámica]] castrexa''' facíase á man ou a [[torno]] ou roda, aínda que predomina a feita á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis puidas, dando ás veces a sensación de levaren un lixeiro [[engobe]] de cor cinza ou case negro. Un dos aspectos máis representativos é o gran contido de [[mica]] como elemento desengraxante.
 
Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten con unhacunha ou máis asas, e que teñan os bordos exvasados e planos e os pés ou fondo sen realzar, aínda que deste último tipo exista algunha excepción singular.
 
Os temas decorativos son comúns na plástica castrexa: incisións en forma de liñas oblicuas, horizontais ou verticais paralelas, ou ben compoñendo triángulos, así como estampacións en forma de espiña de peixe, estrixilos, eses (SSSS) ou figuracións entrelazadas, e tamén aplicacións en forma de mamelóns ou de cordóns, así como outros motivos ornamentais variados. A maior parte, porén, é lisa e non leva decoración.