Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Fontes primarias, secundarias e terciarias: completo a sección; adaptación de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
* As '''[[Fonte primaria|fontes primarias]]''' son aquelas que presentan información ou datos nun período de tempo moi próximo ao acontecemento. A miúdo, están escritos por persoas que están directamente involucradas. Achegan unha visión desde dentro do acontecemento, un período histórico, unha obra de arte ou unha decisión política. O parte dun accidente de tráfico escrito por unha testemuña é unha fonte primaria de información sobre o accidente; de xeito similar, un informe científico documentando un novo experimento é tamén unha fonte primaria dos resultados dese experimento. Os documentos históricos, como os diarios, son fontes primarias.<ref>Outros exemplos de fontes primarias poden ser os censos de poboación, vídeos ou transcricións de sesións plenarias, audiencias públicas, informes de investigacións, editoriais, columnas, blogues, pezas de opinión ou (dependendo do contexto) entrevistas; resultados tabulados de enquisas ou cuestionarios; obras filosóficas orixinais; escrituras relixiosas; obras antigas, mesmo se citan escritos perdidos máis antigos; placas de tumbas; e obras artísticas e ficticias como poemas, escritos, guións, novelas, filmes, vídeos e programas de televisión.</ref>
::''''''<span style="color:maroon">Política:</span>''''' A menos que estea así restrinxido por outra política, as fontes primarias que foron publicadas poden empregarse na Wikipedia; porén, cómpre ter tino con elas, porque é fácil utilizalar indebidamente. Calquera interpretación dunha fonte primaria necesita unha fonte secundaria acreditada para esa interpretación. Unha fonte primaria unicamente se pode empregar na Wikipedia para realizar declaracións simples e descritivas de feitos que calquera persoa con acceso á fonte poida verificar, malia non ter os coñecementos específicos. Por exemplo, un artigo sobre unha novela pode citar pasaxes para describir o argumento, pero calquera interpretación necesita unha fonte secundaria. Os editores '''non''' teñen permitido analizar, sintetizar, interpretar ou avaliar o material que se encontra nunha fonte primaria. Do mesmo xeito, '''non''' poden basear ao completo un artigo en fontes primarias. Cómpre ter especial coidado ao manexar fontes primarias en [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|artigos sobre persoas vivas]].
* As '''[[Fonte secundaria|fontes secundarias]]''' son aquelas elaboradas por segundas persoas e que se atopan afastadas no tempo dun acontecemento. Baséanse en fontes primairas para o seu material e presentan análises ou avaliacións sobre estas. Por exemplo, un artigo de revisión que analiza os traballos de investigación no campo é unha fonte secundaria para a investigación. O contexto pode decidir se unha fonte é primaria ou secundaria. Un libro escrito por un historiador militar sobre a Segunda Guerra Mundial ''pode'' ser unha fonte secundaria sobre a guerra, pero se inclúe detalles sobre as experiencias propias do autor, sería unha fonte primaria desas experiencias.
::''''''<span style="color:maroon">Política:</span>''''' Os artigos da Wikipedia adoitan basearse en materiais procedentes de fontes secundarias acreditadas. Os artigos ''poden'' facer unha análise ou avaliación ''unicamente se'' iso poi publicado por unha fonte secundaria acreditada.
* As '''[[Fonte terciaria|fontes terciarias]]''' son publicacións, como as enciclopedias e outros [[compendio]]s, que resumen as fontes primarias e secundarias. A Wikipedia é unha fonte terciaria. Moitos libros de texto de nivel inferior ao universitario forman parte das fontes terciarias, porque resumen múltiples fontes secundarias.
::''''''<span style="color:maroon">Política:</span>''''' As fontes terciarias publicadas poden ser útiles para proporcionar amplos resumos de temas que involucran moitas fontes primarias e secundarias, especialmente cando esas fontes contradin ás outras. Algunhas fontes terciarias son máis fiables ca outras e, dentro delas, algúns apartados tamén poden ser máis fiables ca outros. Os artigos da Wikipedia non se poden empregar como fontes terciarias doutros artigos da Wikipedia, pero ás veces se utilizan como fontes primarias en artigos sobre a propia Wikipedia.
 
{{En uso}}