Comedia grega antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 2:
A '''[[comedia]]''' (en grego antigo κωμῳδία / ''kōmōidía'') é un xénero literario da Antiga Grecia, máis recente ca [[traxedia]]. A única mostra de comedia que se conserva é a de [[Atenas]] polo que se denomina tamén '''comedia ática'''.
 
Se ben [[Epicarmo]] foi o primeiro autor do que temos noticia, a comedia grega coñécese principalmente por [[Aristófanes]] do cal se conservan once comedias completas, de [[Menandro (comediógrafo)|Menandro]] descubriuse en [[1956]] unha peza enteira, ''O díscolo''. En total disponse de fragmentos ou títulos de 1500 comedias.
 
== Orixe ==
A orixe da comedia é difícil de precisar, segundo [[Aristóteles]] tivo unha orixe espontánea e estivo nos cantos cantos fálicos que acompañaban aos cortexos dionisiacosdionisíacos.
== Comedia antiga ==
A comedia antiga abrangue o [[Século -V|século V a.C.]] e o comezo do [[século -IV|século IV a.C.]]. Coñécese esencialmente por [[Aristófanes]], é súa a comedia máis antiga que se conserva ''Os acarneneses'' que se representou no ano [[-425|425 a.C.]].
 
A maior parte teñen unha mesma estrutura:
* Un prólogo que serve de presentación do heroe.
* πάροδος / ''párodos'', entrada en esceaescena do [[coro (teatro)|coro]] bailando e cantando.
* ἀγών / ''agṓn'', loita dialéctica entre o heroe e os seus adversarios que arbitra o director do coro ou [[corifeo]] e no que o heroe sae gañador.
* παράϐασις / ''parábasis'', intermedio no que o corifeo se dirixe ao público para declamar un discurso político ou falar do autor .
* Diversos episodios onde o heroe celebra a súa vitoria, sepáranse por actuacións do coro.
* ''ἔξοδος / éxodos'', esceaescena final celebrando o triunfo do heroe.
 
En cada comedia interviñan tres ou catro actores principais coa axuda de varios secundarios máis o coro de 24 membros homes. A inventiva do autor primaba sobre o resto, as bromas e chistes derivaban do uso dunha linguaxe obscena e escatolóxica. A comedia tomaba como punto de partida a procura polo heroe dun obxecto fantástico que era imposible de conseguir na vida real, cidadáns ben coñecidos na cidade ridiculizábanse, como o caso de Sócrates ou Eurípides e mesmo dábaselle un trato irreverente os deuses.
Liña 23:
 
== Comedia nova ==
A comedia nova comeza na segunda metade do [[século -IV|século IV a.C.]], o autor máis coñecido é [[Menandro (comediógrafo)|Menandro]], nestas comedias a intriga ocupa un lugar ben máis importante do que acontecía na comedia antiga, é internamente máis coherente e os episodios sucédense de maneira lóxica. O gran tema é o amor contrariado que acaba por triunfar. As personaxes son máis estereotipados ca na comedia antiga e a acción está menos ligada á historia de [[Atenas]], por iso é máis fácil de entender para un non ateniense e facilita que se exporte a [[Roma]] e que se adapte baixo o nome de ''[[comedia palliata]]'' no [[século -III|século III a. C.]]
 
== Véxase tamén ==