Pexego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Flameprince peaches.jpg|miniatura|Pexegos na póla]]
O '''pexego''' é o [[froito]] do [[Pexegueiro (árbore)|pexegueiro]] (''Prunus persica''), da familia ''[[Rosaceae]]''. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha [[froita]], de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma.
 
Os '''pexegos''', xunto coas [[cereixa]]s, [[Ameixa (froito)|ameixas]] e [[albaricoque]]s, son froitas de óso. Esta especie divídese en variedades cuxa carne se separa facilmente do óso e noutras nas que se adhire firmemente, como a variedade chamada [[pavía]]. As variedades de carne branca son tipicamente moi doces, con escaso gusto ácido e as máis populares de países como a [[China]], o [[Xapón]] e os seus veciños asiáticos, mentres que as de carne amarela son preferidas nos países europeos e norteamericanos, posúen un fondo ácido, que se paladea xunto á dozura. A pel de ambas as variedades ten tons encarnados.