Diferenzas entre revisións de «Xerome Emiliani»

Fillo de Anxo Emiliani, senador da República veneciana. Orfo de pai aos dez anos, seguiu a carreira militar guerreando contra o Papa e a Liga de Cambrai en defensa do seu Estado. Foi alcaide e rexente de Caltelnuovo di Quero sul Piave, caendo prisioneiro cando os franceses, aliados do Papa e unidos a el na Liga de Cambrai, tomaron a praza. Conseguiu escapar, e máis tarde, en [[1516]], retomou o cargo e se fixo cargo da viuva do seu irmán falecido e dos seus catro fillos.
 
Coñeceu a [[Gaetano deda Thiene|Caetano de Thiene]] en [[1527]], o que influiu en que se implicase ao servizo do hospital de enfermos incurables de Venecia. Asemade, abriu un obradoiro para formar a nenos e xente nova marxinada. Entregado á cura de enfermos durante as epidemias, en [[1531]], el mesmo se contaxia. Recuperado, entrega todos os seus bens aos pobres e parte a [[Bérgamo]] para fundar con varios laicos obras de atención a orfos, prostitutas e enfermos. Espallou a súa acción a varias cidades italianas como [[Milán]], [[Pavía]] ou [[Brescia]]. En [[1534]], funda a Congregación de servos dos Pobres, máis tarde denominada somasca, aínda que el non entra na mesma.
 
En febreiro de 1534, desatada unha epidemia de peste e adicado á atención dos apestados, el mesmo se contaxia mortalmente.
Usuario anónimo