Diferenzas entre revisións de «Gonzalo Rodríguez Mourullo»

sen resumo de edición
m (DEFAULTSORT -> ORDENAR)
Estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi catedrático de dereito penal na [[Universidade de Oviedo]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]] (1970) e na [[Universidade Autónoma de Madrid]] desde 1970.
 
En [[1954]] publicou ''Nasce unha árbore'', ano no que obtivo o primeiro premio de contos do [[Centro Galego de Bos Aires]], e en [[1956]] ''Memoria de Tains'' (galardoado nas festas Minervais), obras que sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á [[Nova Narrativa Galega]], pero el deixou de escribir e rompeu calquera relación co sistema literario galego.
 
Tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de [[1995]] como relator xeral do proxecto de [[1980]] e foi o avogado defensor de [[Emilio Botín]] no xuízo que o xulgaba por xubilacións millonarias e no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego [[Pablo Crespo]] durante a investigación da trama [[Gürtel]].
 
==Obras==
===Narrativa===
*''Nasce unha árbore'', 1954.
*''Memoria de Tains'', 1956, Edicións Monterrei.
 
===Obras colectivas===
*''Medusa'', [[1985]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
 
{{ORDENAR:Rodriguez Mourullo, Gonzalo}}
9.619

edicións