Probo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
m Xermania Magna
Liña 1:
[[Ficheiro:112 Probus.jpg|200px|dereita]]
 
'''Marcus Aurelius Probus''', nace no [[237]] no seo dunha humilde familia en [[Sirmium]] ([[Panonnia]]).


==Traxectoria==

Era un prestixioso xeneral, cando morre [[Marco Claudio Tácito|Tácito]] e as lexións de Siria non aceptan o nomeamento de [[Floriano]] como emperador.
 
Elixen a Probo coma emperador. Este, dende moi novo xa amosara o seu valor, xa que fora elixido tribuno militar por [[Valeriano]]. Cos emperadores [[Claudio II]], [[Aureliano]] e Tácito participou en diversas campañas, e era Prefecto de oriente cando morre Tácito.
Liña 7 ⟶ 12:
Enfróntase a [[Floriano]], que quedara loitando contra os bárbaros en Occidente. A táctica deste era deixar pasar o tempo, pero moitos lexionarios pásanse ó bando de Probo, e Floriano morre asasinado polas súas tropas. O Senado apresúrase a aceptalo e nomealo emperador no [[276]].
 
Probo enfróntase con éxito a tódalas invasións dos [[godos]], os [[vándalos]], os [[francos]] e os [[burgundios]], pobos de orixe escandinava que pasaran á [[Xermania Magna|Xermania]] e agora facían incursións na [[Galia]]. Así a todo, pactou con algúns grupos para que se establecesen nos ''limes'' do imperio, a cambio de que loitasen contra as invasións doutros pobos.
 
 
Negocia a paz con [[Persia]], vence os [[sármata]]s no norte e os isauros no leste e, unha vez conseguida a estabilidade e a paz, dedícase a proxectar e construír numerosas obras públicas. Remata en [[Roma]] a muralla de [[Adriano]] e dispón dalgunhas reformas que en tempos de [[Diocleciano]] darían o seu froito.