Póstumo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Xermania Magna
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 11:
Póstumo rexeita os [[xermano]]s para alén do [[Rhin]], constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que [[Galieno]] moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no [[267]], Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.
 
No [[268]], rebélase o gobernador da [[Baixa Xermania]], [[Leliano]]. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de [[Mainz]]. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo [[Póstumo II]], a quen nomeara [[César (título)|césar]] e [[augusto]]. [[Leliano]] morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.
 
Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é [[Victorino]], quen fora comandante das tropas de Póstumo.