Póstumo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Traxectoria: Xermania Magna
Liña 7:
Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
 
Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda, etc, e consegue que a [[Galia]], a [[Xermania Magna|Xermania]], a [[Britania]] e a [[Hispania]] o acepten coma novo emperador.
 
Póstumo rexeita os [[xermano]]s para alén do [[Rhin]], constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que [[Galieno]] moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no [[267]], Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.