Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
=== Retículo endoplasmático rugoso ===
[[Ficheiro:Clara cell lung - TEM.jpg|miniatura|315px|Micrografía do RER arredor do [[núcleo celular|núcleo]] dunha célula. Os círculos pequenos escuros son [[mitocondria]]s.]]
O [['''retículo endoplasmático rugoso]]''' (RER) ten esa aparencia debido aos numerosos [[ribosoma]]s adheridos á súa membrana mediante unhas proteínas denominadas "riboforinas". Ten uns sáculos máis arredondados cuxo interior se coñece como "luz do retículo" ou "lume" onde caen as proteínas sintetizadas nel. Está moi desenvolvido nas células que pola súa función deben realizar un activo labor de síntese, como as células [[Fígado|hepáticas]] ou as células do [[páncreas]].
<ref name="campbell">Campbell, Neil A. (1996) ''Biology Fourth Edition.'' Benjamin/Cummings Publishing, pp. 120-121 ISBN 0-8053-1940-9</ref> Non obstante, os ribosomas unidos ao retículo non son unha parte estable do mesmo, xa que se están unindo e liberando das súas membranas continuamente. Un ribosoma [[citosol|citosólico]] só se une ao ribosoma se empezou a sintetizar unha proteína destinada á [[vía secretora]] (para a exportación), <ref name="lodish">Lodish, Harvey, et al. (2003) ''Molecular Cell Biology 5th Edition''. W. H. Freeman, pp. 659-666 ISBN 0-7167-4366-3</ref> a cal ten unha secuencia de 5-15 aminoácidos [[hidrofóbico]]s precedida por un aminoácido cargado positivamente, que é recoñecida por unha [[partícula de recoñecemento do sinal]], que une o ribosoma ao retículo. A partir de entón o ribosoma continúa a síntese proteica introducindo a proteína dentro do retículo endoplasmático, onde a secuencia hidrofóbica sinaladora é eliminada. Cando acaba a súa misión o ribosoma libérase outra vez do retículo.