Ácido biliar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 56:
Para a síntese dos ácidos biliares completos requírense 17 [[encima]]s do [[citosol]], [[retículo endoplasmático]], [[mitocondria]]s e [[peroxisoma]]s. <ref name=Sam/>
 
En moitas especies o paso inicial para a formación de ácidos biliares é a adición dun grupo hidroxilo adicional en posición 7-alfa. A seguinte reacción consiste en alterar a unión entre os aneis A e B, facendo que a molécula se dobre (no colesterol o conxunto de aneis era plano), e, nese proceso, o grupo 3-hidroxilo pasa a ter orientación alfa (no colesterol era beta). Así o esqueleto esteroide básico dun ácido biliar (de 24 carbonos) empeza tendo dous grupos hidroxilo nas posicións e orientacións 3-alfa e 7-alfa. Este composto é o [[ácido quenodesoxicólico]] (ou ácido 3-alfa,7-alfa-dihidroxi-5-beta-colan-24-oico). O nome deste composto indica as súas características. Como este composto foi illado primeiramente nos [[ganso]]s leva o prefixo "queno" (do grego χήνα, chena, ganso) <ref>{{cite journal |author=Carey MC |title=Editorial: Cheno and urso: what the goose and the bear have in common |journal=N. Engl. J. Med. |volume=293 |issue=24 |pages=1255–7 |year=1975 |month=December |pmid=1186807 |doi= 10.1056/NEJM197512112932412|url=}}</ref>. Tamén leva no seu nome "desoxi" porque ten un OH menos ca o [[ácido cólico]] que xa se coñecía con anterioridade. A parte "5-beta" do seu nome denota a orientación dos aneis A e B, que están dobrados. O termo "colan" denota unha determinada estrutura esteroide de 24 carbonos. Finalmente, a parte final ácido... "24-oico" indica que ten o grupo [[carboxilo]] no carbono 24, no final da cadea lateral. Moitas especies producen ácido quenodesoxicólico, que é un ácido biliar bastante funcional. Os ácidos biliares sintetizados no fígado, como o quenodesoxicólico (e o cólico), denomínanse "primarios".
 
Nos humanos o primeiro que ocorre é que o colesterol se debe converter en 7-alfa-hidroxicolesterol, e isto pode facerse por dúas vías, a vía clásica e a ácida. Na vía clásica, o colesterol é convertido en 7-alfa-hidroxicolesterol no [[retículo endoplasmático]] polo encima colesterol 7-alfa-hidrolase (CYP7A1), un membro da familia do citocromo P450, reacción que é o paso limitante da [[ruta metabólica|ruta]]. Na outra vía, actúan o encima mitocondrial esterol 27-hidroxilase (CYP27A1) e despois o encima CYP7B1, que orixinan igualmente o 7-alfa hidroxicolesterol, pero por esta vía alternativa só vai o 5% das moléculas. <ref>G Salen, S Shefer. Bile Acid Synthesis. Annual Review of Physiology. Vol. 45: 679-685 (Volume publication date March 1983). DOI: 10.1146/annurev.ph.45.030183.003335.