Circuíto integrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Notas: algomáis desde a wiki -es
→‎Notas: algomáis desde a wiki -es
Liña 35:
== Popularidade ==
Só ha trascurrido medio século desde que se iniciou o seu desenvolvemento e os circuítos integrados volvéronse case omnipresentes. [[Computadora]]s, [[teléfono móbil|teléfonos móbiles]] e outras aplicacións dixitais son agora partes das sociedades modernas. A [[informática]], as [[telecomunicación|comunicacións]], a [[manufactura]] e os sistemas de [[transporte]], incluíndo [[Internet]], todos dependen da existencia dos circuítos integrados. De feito, moitos estudiosos pensan que a revolución dixital causada polos circuítos integrados é un dos sucesos máis significativos da historia da humanidade.<ref>{{Cita web | título=Revolución digital | editor=Universidade de Málaga | url=http://www.eumed.net/libros/2006a/mga-01/2c.htm}}{{es}}</ref>
== Tipos ==
Existen polo menos tres tipos de circuítos integrados:
 
* '''Circuítos monolíticos''': Están fabricados nun só monocristal, habitualmente de [[silicio]], pero tamén existen en [[xermanio]], [[arseniuro de galio]], silicio-xermanio, etc.
* '''Circuítos híbridos de capa fina''': Son moi similares aos circuítos monolíticos, pero, ademais, conteñen compoñentes difíciles de fabricar con tecnoloxía monolítica. Moitos [[conversión analóxica-dixital|conversores A/D]] e [[conversión dixital-analóxica|conversores D/A]] fabricáronse con tecnoloxía híbrida ata que os progresos na [[tecnoloxía]] permitiron fabricar [[resistor]]es máis precisos.
* '''Circuítos híbridos de capa grosa''': Apártanse bastante dos circuítos monolíticos. De feito adoitan conter circuítos monolíticos sen cápsula, [[transistor]]es, [[diodo]]s, etc, sobre un substrato dieléctrico, interconectados con pistas condutoras. Os resistores deposítanse por [[serigrafía]] e axústanse facéndolles cortes con [[láser]]. Todo iso encapsulase, en cápsulas plásticas ou metálicas, dependendo da disipación de enerxía calórica requirida. En moitos casos, a cápsula non está "moldeada", senón que simplemente cóbrese o circuíto cunha resina [[Resina epoxi|epoxi]] para protexelo. No mercado atópanse circuítos híbridos para aplicacións en módulos de radio [[frecuencia]] (RF), [[Fonte de alimentación|fontes de alimentación]], circuítos de [[Aceso electrónico|aceso]] para [[automóbil]], etc.
== Notas ==
{{listaref}}