Chatti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño cita
m poño lingua
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:GermanenAD50-it.png|thumb|rigth|400 px|O ''limes'' romano do Rin e os pobos xermanos da ''Germania libera'' a mediados do [[século I]], aparecendo os catos fronte á provincia romana de ''[[Xermania Superior]]''.]]
Os '''''chatti''''' (tamén '''''catti''''') eran un antigo [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] situado no Hesse central e setentrional e na Baixa Saxonia meridional, ao longo do curso superior do [[río Weser]] e nos vales e montañas das rexións dos ríos [[río Eder|Eder]], [[río Fulda|Fulda]] e [[Río Werra|Werra]], un distrito aproximadamente correspondente a [[Hessen]]-[[Kassel|Cassel]], aínda que probablemente máis amplo. De acordo con [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]],<ref>{{Cita web |url= http://classics.mit.edu/Tacitus/histories.4.iv.html |título=The Internet Classics Archive|autor= Daniel C. Stevenson |data= |obra= The Histories |editor= Tacitus |dataacceso=2-09-2012|lingua=inglés}}</ref> entre eles estaban os ''[[batavi]]'', ata que unha pelexa intestina os fixo separarse e ocupar novas terras no esteiro do [[Río Rin|Rin]].
 
Os ''chatti'' resistiron con éxito a incorporación ao [[Imperio romano]], uníndose á coalición de tribos do líder guerreiro [[Cherusci|querusco]] [[Arminio]] que aniquilou as lexións de [[Varo]] na [[Batalla do bosque de Teutoburgo]] no ano [[9]]. [[Xermánico]] posteriormente, no [[15]], asolou as súas terras en vinganza, pero Roma respondeu á belixerante defensa da súa independencia dos Chatti coa construción das fortificacións fronteirizas do ''[[limes]]'' ao longo da fronteira sur dos seus territorios no Hesse central durante os primeiros anos do [[século I]]. Atopáronse restos dun refuxio moi ben fortificado nun outeiro preto da aldea de Metze (latín: ''Mattium'') no medio do territorio dos ''chatti'' ao sur de [[Kassel]].