Chatti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Xermania (libro)
referencias
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:GermanenAD50-it.png|thumb|rigth|400 px|O ''limes'' romano do Rin e os pobos xermanos da ''Germania libera'' a mediados do [[século I]], aparecendo os catos fronte á provincia romana de ''[[Xermania Superior]]''.]]
Os '''''chatti''''' (tamén '''''catti''''') eran un antigo [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] situado no Hesse central e setentrional e na Baixa Saxonia meridional, ao longo do curso superior do [[río Weser]] e nos vales e montañas das rexións dos ríos [[río Eder|Eder]], [[río Fulda|Fulda]] e [[Río Werra|Werra]], un distrito aproximadamente correspondente a [[Hessen]]-[[Kassel|Cassel]], aínda que probablemente máis amplo. De acordo con [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]],<ref> (''Historiae'' iv. 70 [http://classics.mit.edu/Tacitus/histories.4.iv.html]),</ref> entre eles estaban os ''[[batavi]]'', ata que unha pelexa intestina os fixo separarse e ocupar novas terras no esteiro do [[Río Rin|Rin]].
 
Os ''chatti'' resistiron con éxito a incorporación ao [[Imperio romano]], uníndose á coalición de tribos do líder guerreiro [[Cherusci|querusco]] [[Arminio]] que aniquilou as lexións de [[Varo]] na [[Batalla do bosque de Teutoburgo]] no ano [[9]]. [[Xermánico]] posteriormente, no [[15]], asolou as súas terras en vinganza, pero Roma respondeu á belixerante defensa da súa independencia dos Chatti coa construción das fortificacións fronteirizas do ''[[limes]]'' ao longo da fronteira sur dos seus territorios no Hesse central durante os primeiros anos do [[século I]]. Atopáronse restos dun refuxio moi ben fortificado nun outeiro preto da aldea de Metze (latín: ''Mattium'') no medio do territorio dos ''chatti'' ao sur de [[Kassel]].
Liña 16:
 
Os '''''chasuarii''''' eran unha tribo xermánica mencionada por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] na ''[[Xermania (libro)|Xermania]]''. Segundo el, habitaban "alén dos ''[[chamavi]]'' e ''[[angrivarii]]''", que vivían na ribeira baixa do [[río Rin|Rin]]. Moitos, por iso, cren que esta tribo habitaba a rexión moderna de [[Hannóver]]. Algúns cren que o nome ''chasuarii'' significa ''habitantes do [[río Hase]]'', un afluente do [[río Ems|Ems]]. [[Ptolomeo|Claudio Ptolomeo]], xeógrafo do [[século II]] di que os ''kasouarioi'' vivían ao leste dos montes '''Abnoba''', próximos a [[Hessen]]. Moitos historiadores son da opinión de que os '''''chasuarii''''' eran os mesmos que o pobo dos '''''chattuarii''''' mencionados por algúns autores.
==Notas==
 
{{listaref}}
[[Categoría:Pobos xermánicos]]
[[Categoría:Francos]]