José Antonio Paz Martínez: Diferenzas entre revisións

militar e político galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{En uso}} '''José Antonio Paz Martínez''', nado na Coruña en 1904, foi un militar e político galego. ==Traxectoria== Profesionalmente era Segundo condestab..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de setembro de 2012 ás 22:17

José Antonio Paz Martínez, nado na Coruña en 1904, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Profesionalmente era Segundo condestable da Armada. O seu nome simbólico era Licurgo ou Marconi. Grado 4º. Ademais de a «Helenes nº 7», onde se iniciou na masonería en 1929, pertenceu tamén ao «Triángulo Solón» (Marín, Pontevedra) en 1930; «Lucus nº 5» (Lugo) en 1931; «Triángulo Atlántida nº 1» (Ferrol) en 1932; «Breogán nº 16» (Ferrol) en 1933, da que foi Venerable Mestre, e ao Soberano Capítulo Rosa Cruz «Alberto de Lera» (Gijón).

Durante a Revolución de 1934 estivo preso en Ferrol, interesándose pola súa persoa Diego Martínez Barrio. Durante a Guerra Civil aparece mencionado nunha circular da Grande Loxa Rexional do Centro de España como un dos masóns que prestaban servizo e loitaban a favor do Goberno lexítimo, como dependente do Ministerio de Marina, “destino Sánchez Bercaiztegui”.

En agosto de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Argelès sur Mer 8 bis en Francia. Durante a IIª Guerra Mundial incorporouse aos maquis no sur de Francia, acadando o grao de coronel e perdendo unha perna en combate. En decembro de 1945 participou na fundación do Bloque Repubricán Nazonal Galego (BRNG), en Toulouse, como representante do PCE. O xulgado especial nº 1 do Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo instruíulle sumario en 1944, sendo condenado anos despois a 16 de reclusión menor e accesorias, pero estaba exiliado. Moito despois presentou unha solicitude relacionada cos seus haberes pasivos.

Véxase tamén

Bibliografía