Micela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
De forma semellante, os lípidos anfipáticos en disolución acuosa diluída emulsiónanse formando micelas. Nas micelas as cadeas hidrocarbonadas se apartan do entorno acuoso e forman unha fase hidrófoba interna, cos grupos hidrófilos expostos na superficie. Estas micelas poden conter miles de moléculas de lípidos e, por tanto, a súa masa é moi elevada.
 
Durante a dixestión os [[sal biliar|sales biliares]] emulsionan formando micelas as graxas dos alimentos, o que facilita a súa absorción intestinal, o que é especialmente importante para lípidos como as lecitinas e vitaminas liposolubles.
 
Poden orixinarse micelas inversas cando a substancia [[anfipático|anfipática]] se introduce nun disolvente non polar. Nese caso as partes hidrófobas quedan na superficie da micela e as hidrófilas no seu interior. Pero se as cabezas polares teñen unha carga eleéctrica forte poden repelerse facendo inestabe a micela. As micelas inversas teñen no centro hidrófilo unha pequena gota de auga, o que se aproveita en certos experimentos para estudar certas reaccións químicas no ambiente illado do interior desas micelas.