Ácido biliar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
 
===Sales biliares===
Os ácidos biliares conxugados están ionizados ou poden formar sales con catións como o ión sodio, polo que tamén se denominan '''sales biliares''' <ref name=Costanzo /><sup>:358</sup>, queas cales teñen importantes funcións fisiolóxicas. Os que derivan dos ácidos biliares primarios conxugados denomínanse sales biliares primarios, e os que derivan dos secundarios son sales biliares secundarios. Por tanto, non é o mesmo ácido biliar que sal biliar, xa que os sales biliares son os ácidos biliares conxugados ionizados ou combinados con catións.
 
O pKa dos ácidos biliares non conxugados é 7, e o pH do duodeno está entre 3 e 5,<ref name=Costanzo /><sup>:358</sup> polo que os ácidos biliares non conxugados que fosen segregados ao duodeno estarían sempre protonados (non ionizados), o que os fai relativamente insolubles en auga. Polo contrario, os ácidos biliares conxugados con aminoácidos teñen un pKa menor, entre 1 e 4. <ref name=Costanzo /><sup>:358</sup> Por esta razón os ácidos biliares conxugados están case sempre desprotonados (ionizados con carga negativa) no [[duodeno]], o que os fai moito máis hidrosolubles e con moita maior capacidade de exerceren as súas funcións fisiolóxicas de emulsionar as graxas durante a dixestión.<ref>'Essentials of Medical Biochemistry, Lieberman, Marks and Smith, eds, p432, 2007'</ref>