Conversa Wikipedia:20.000 artigos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
un pequeno comentario iocoso nesta festa dos 20000
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
Que non se pare, boa estadía, levo pouco tempo pero estase como na casa, e creo que o ser no noso idioma xa temos superado as outras wikis. Temos unha renda per cápita de artigos moito maior. Eso que noraboa a todos, en especial os que levades moito mais tempo gastado neste especial proxecto. --[[User:Lansbricae|Lansbricae]] 17:20, 7 decembro 2006 (UTC)
 
== Agora comezamos de novo, pero seguimos co de sempre ==
Se o esforzo de '''Prevert, Lmbuga, Xelo''' e máis xente surte efecto, é de esperar que os medios que nos publicitan por aí fagan chegar novos colaboradores (e supostamente tamén colaboradoras, ou polo menos no seu alcume). Ata o de agora cada un centrábase máis ou menos (inda que non necesariamente) nun labor, especializándose nel: uns creaban artigos (esas marabillas de '''F1''', de civilizacións '''hititas''' ou '''omeias''', de '''astronomía''', etc.: sinto se me esquezo algún outro enorme esforzo, pero lémbrome porque me gustan eses temas, non porque o merezan máis), outros revisaban os cambios recentes, outros as [[:category:Índice|categorías]], outros as vandalizacións, algúns corrixian erros dos demais e outros os cometían sen querer ata que chegaba un bot que os peiteaba.
 
[[image:Aliu_Amadu_Jallo_working_on_the_first_article_for_ff_wp-1.jpg|thumb|Encetando unha wikipedia preto do [[Sáhara]]|200px]]
Agora temos dúas novas encomendas que debemos repartir entre todos: por unha banda, darlle á nova xente que entre a colaborar a mellor e máis hospitalaria das benvidas, e por outra, asumir con paciencia os seguros erros que terán dende o primeiro día como tamén nós os tivemos e os seguimos tendo, que ninguén nace aprendido. Este é o noso reto agora: cambiar a mellor pero seguir sendo os mesmos. Digo de seguir sendo os mesmos porque non podemos perder a nosa identidade: somos unha comunidade, o somos en galego, defendemos unha cultura dixital libre e de calidade en galego, somos voluntarios e, dende logo, somos tranquilos. Outras wikis teñen moitos problemas de excesos no vandalismo, na politización ou na administración, cousa que creo que non pasa aquí. Co esforzo dos devanditos e o resto dos administradores (ós que hai que agradecerlles todo e, con seguridade, máis), as nosas páxinas de discusión sono en realidade de debate; o ton nas conversas é bastante cordial e aínda que algunha vez saíse do normal, sempre é coma excepción; o grao de coordinación e de liberdade para traballar sempre foi suficientemente intermedio para satisfacer tódolos gustos; somos os colaboradores os que cada vez pedimos máis de nós mesmos, sen necesidade de ter un xefe que nolo esixa, e moitos somos os que non colaboraríamos tanto se fose remuneradamente: o noso ''feito diferencial galego'' en todos estes aspectos é que o traballo na Galipedia se converteu nunha colaboración entre amigos. Estas dúas novas tarefas do futuro están agora en mans de todos, e é a iso ó que dou ánimo.
 
Houbo un día en que Agremón comezou a Galipedia case como hai moi pouco ese velliño encetaba a wikipedia en lingua fulfulde. Co noso labor estamos demostrando que se pode facer un traballo voluntario e de calidade en galego (chegando ata a ser referencia doutros medios) e que, tanto dende Galicia coma dende África, queremos un mundo mellor, máis igualitario e máis xusto. Acadalo é o maior dos esforzos, pero ós poucos ímolo conseguindo. --[[User:Sobreira|Sobreira]] [[User_talk:Sobreira|(''parlez'')]] 18:44, 9 decembro 2006 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "20.000 artigos".