Diferenzas entre revisións de «Selección de fútbol de Alemaña»

m
→‎Historia: Partido Socialista Unificado de Alemaña
m (→‎Historia: arranxiño)
m (→‎Historia: Partido Socialista Unificado de Alemaña)
As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de [[1990]], cando [[Reunificación Alemá|se reunificaron]]. A reunificación deuse xa tras a [[Mundial de Fútbol Italia 1990|Copa do Mundo daquel ano]], gañada pola propia selección da [[Alemaña Occidental]]. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, tiveron un destaque amplamente maior, clasificándose para tódalas edicións da [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa do Mundo]], sendo campións en [[Mundial de Fútbol Suíza 1954|1954]], [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|1974]] (onde foron os anfitrións) e [[Mundial de Fútbol Italia 1990|1990]] gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente {{sel|Hungría}}, {{sel|Países Baixos}} e {{sel|Arxentina}}. Unicamente non disputaron a [[Mundial de Fútbol Brasil 1950|Copa do Mundo de 1950]], cando ningunha selección alemá existía. Os occidentais tamén disputaron todas as [[Eurocopa]]s a partir da edición de [[Eurocopa 1972|1972]], sendo campións. Vencerían tamén na de [[Eurocopa 1980|1980]].
 
A [[Selección de Fútbol da Alemaña Democrática|Selección de Alemaña Oriental]], máis feble, clasificouse só para unha [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa do Mundo]], xustamente a de [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|1974]], realizada na [[Alemaña Occidental]]. Ambas se afrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban a facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse para normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha [[Eurocopa]]. Por outro lado, gañaron ouro nos [[Xogos Olímpicos]] (nas [[XogosoXogos Olímpicos de 1976|Olimpíadas de 1976]]), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O [[azul]] era a cor da xuventude do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|Partido Comunista]] do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en [[1974]].
 
A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: [[Matthias Sammer]] e [[Michael Ballack]]. O primeiro e único título dende a reunificación foi a [[Eurocopa 1996]].
104.751

edicións