Selección de fútbol de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m →‎Historia: arranxiño
Liña 51:
 
== Historia ==
A selección de fútbol de [[Alemaña]], daquela o [[Segundo Reich]], xogou o seu primeiro encontro o [[5 de abril]] de [[1908]] fronte a {{sel|Suíza}}, partido que se saldou con derrota para os [[XermaniaAlemaña|xermanos]] por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até [[1908]], a [[Federación Alemá de Fútbol]] ou [[Deutscher Fußball-Bund]], fora fundada en [[1900]], sendo unha das fundadoras da [[FIFA]] en [[1904]]. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre [[1938]] e [[1945]], [[Austria]] ficou integrada na [[Alemaña Nazi]]. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a [[Selección de Fútbol de Austria|austriaca]] (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da [[Mundial de Fútbol Francia 1938|Copa do Mundo de 1938]], para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.
 
Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: [[Austria]] volveu a ser un país independente e a [[Selección de fútbol de Austria|súa selección]] foi retomada, foron creadas [[Alemaña Occidental]] e [[Alemaña Oriental]], cada unha tamén coa súa propia selección, e o [[Sarre]], aínda que este último a finais dos [[1950|anos 50]], foi integrado na [[Alemaña Occidental]].