Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Cristianismo: engado imaxe
Liña 17:
Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia. Isto determina a maldade esencial da súa conduta sempre debedora da soberbia e impregnada do egoísmo e cuxo poder o home sufre cunha impotencia característica. Teólogos luteranos como [[Eberhard Jüngel]] afirman que o pecado non se dá a coñecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a súa identificación e coñecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tamén ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio [[Martín Lutero|Martiño Lutero]] afirma ''natura peccati est non velle esse peccatum''. Segundo [[Sören Kierkegaard]] ''ningún home, polas súas propias capacidades e por si mesmo, é quen de enunciar o que é o pecado, e non o é precisamente porque está en pecado''. Nesta mesma liña, [[Karl Barth]] entende que ''o coñecemento de que o home é pecador, fáltalle precisamente porque é pecador''. En [[Xesús de Nazareth]], Deus salva gratuitamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.
 
[[Ficheiro:Geiger-masturbation-mutuelle.jpg|miniatura|300px|A luxuria é considerada habitualmente como pecado]]
As primeiras listas de pecados na literatura cristiá figuran nas cartas de [[Paulo de Tarso]] que mencionan a idolatría, os odios, as rencillas, as disensións, as divisións, os celos, as orxías, a fornicación, as discordias, a mentira, a murmuración, a avaricia...