Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ky:Күнөө
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 6:
== Características ==
===Xudaísmo===
No [[xudaísmo]] identifícase cunha traizón á Alianza entre o pobo de [[Israel]] e Yavé, cando este, tras liberar a aquel da escravitude de [[Exipto]], dita a [[Moisés]] a [[Torá]] ou Lei condensada no decálogo prometéndolle felicidade e prosperidade. Nesa mesma relixión, a tradición profética identifica o pecado como a infidelidade á Alianza asimilándoa a unha relación nupcial onde Deus é o amante, fiel e celoso Esposo, e Israel, ao oprimir ao pobre, o orfo, o estranxeiro e a viúva e caer na idolatría, é a Esposa adúltera.
 
===Cristianismo===
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] o pecado é un acto, intención ou actitude libre do ser humano que supón faltar ao amor para con Deus e para co próximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de [[Deus]] e chamado ao [[Amor]], e atenta contra a solidariedade humana. A raíz do pecado está no corazón do home cuxa natureza caída está ferida polo [[pecado orixinal]] que limita e atenaza o amor que reside nel e que é o principio das obras boas.
 
A Igrexa católica distingue dous tipos de pecado: o pecado mortal que destrúe o amor no corazón do home por unha infracción grave con plena conciencia e deliberado consentimento contra a orde querida por Deus, que é Amor. E o pecado venial que fire e debilita o amor pero deixándoo subsistir. O pecado mortal é unha posibilidade radical e dramática da [[liberdade]] do home.
Liña 15:
Na [[Igrexa Ortodoxa]] enfatízase a identificación do pecado cunha enfermidade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificación que arela a súa esencia. Para teólogos ortodoxos como [[Olivier Clément]] ou [[Pavl Evdokimov]], dentro da tradición ascética oriental, o pecado aparece como dislocación divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e illa nunha soidade infernal, envelena as relacións humanas e ata o mesmo ambiente cósmico.
 
Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia. Isto determina a maldade esencial da súa conduta sempre debedora da soberbia e impregnada do egoísmo e cuxo poder o home sufre cunha impotencia característica. Teólogos luteranos como [[Eberhard Jüngel]] afirman que o pecado non se da a coñecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a súa identificación e coñecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tamén ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio [[Martín Lutero|Martiño Lutero]] afirma ''natura peccati est non velle esse peccatum''. Segundo [[Sören Kierkegaard]] ''ningún home, polas súas propias capacidades e por si mesmo, é quen de enunciar o que é o pecado, e non o é precisamente porque está en pecado''. Nesta mesma liña, [[Karl Barth]] entende que ''o coñecemento de que o home é pecador, fáltalle precisamente porque é pecador''. En [[Xesús de Nazareth]], Deus salva gratuitamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.
 
As primeiras listas de pecados na literatura cristiá figuran nas cartas de [[Paulo de Tarso]] que mencionan a idolatría, os odios, as rencillas, as disensións, as divisións, os celos, as orxías, a fornicación, as discordias, a mentira, a murmuración, a avaricia...
Liña 28:
A ética musulmana e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (''umma'') boa e xusta baixo a guía de Deus<ref>Niniam Smart, ''Las Religiones del Mundo'', Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5</ref>. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (''sharia'' ou lei islámica), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do Islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a ''jihad'', que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.
 
O pecado non condena ao home de xeito irrevocable;{{Cita|''Quen se arrepinte despois de ter cometido unha inxustiza e se corrixe, consegue que Deus volva a élel. Deus é indulxente, misericordioso''|Corán V:43}}
 
==O pecado na cultura popular galega==