Glicoxenólise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
Nesta reacción a [[glicóxeno fosforilase]] corta o [[enlace glicosídico]] da glicosa terminal da cadea dunha das ramas do glicóxeno por medio dunha reacción de substitución dun grupo [[fosforil]] polo enlace glicosídico α[1→4]. Os residuos de glicosa son fosforolizados desta maneira ata que o encima chega ás proximidades do punto de ramificación do glicóxeno (detense catro residuos antes dese punto), o cal ten un enlace a α[1→6], que a glicóxeno fosforilase non pode romper.
 
Neste momento debe actuar outro encima, o [[encima desramificador do glicóxeno]], que nos mamíferos ten unha actividade de transferase e outra de glicosidase. O encima primeiro transfire tres dos residuos de glicosa que hai antes do punto de ramificación ao extremo doutra ramificación do glicóxeno. Isto deixa exposto o punto de ramificación α[1→6], o cal é [[hidrólise|hidrolizado]] polaactuando como [[glicosidase|α[1→6] glicosidase]], que elimina o residuo final de glicosa en forma de glicosa libre e elimina así o punto de ramificación. Agora a glicóxeno fosforilase xa pode volver a actuar. Esta fase final da eliminación da ramificación é o único caso en que se libera [[glicosa]] na glicoxenólise, porque o resto das glicosas liberadas fano en forma de [[glicosa 1-fosfato]].
 
A glicosa libre será [[fosforilación|fosforilada]] a glicosa 1-fosfato pola [[hexoquinase]]. A glicosa 1-fosfato é convertida a glicosa 6-fosfato polo encima [[fosfoglicomutase]].