Diferenzas entre revisións de «Traquea (vertebrados)»

A parte interna da traquea está revestida por un epitelio ciliado cilíndrico pseudoestratificado. Este epitelio contén células ciliadas cun bordo de microvilli do que sobresaen os [[cilio]]s. Entre elas hai [[célula caliciforme|células caliciformes]] produtoras de micíxeno. Entre as bases das células cilíndricas hai células basais piramidais.<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 741-742. ISBN 84-7605-361-4 </ref>
 
Debaixo do epitelio ciliado hai un tecido conxuntivo laxo moi rico en fibras elásticas, que contén moitas glándulas submucosas, formadas por [[acino]]s e túbulos que se abren na superficie do epitelio e producen unha secreción [[mucina|mucosa]] e serosa [[glicoproteína|glicoproteica]]. A lámina de moco que se forma sobre o epitelio ten función protectora, xa que o po e outras partículas inhaladas quedan pegadas a el, e despois é arrastrado polos cilios ata a farinxe, onde será tragado.
 
Na parte externa están os aneis cartilaxinosos incompletos de cartilaxe hialina. Están separados uns doutros por tecido conxuntivo fibroelástico. Na zona posterior onde os aneis son incompletos hai músculo liso. Por último, por fóra dos aneis cartilaxinosos hai unha capa de tecido conxuntivo denso con moitas fibras elásticas.
185.723

edicións