Leucoplasto: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: ml:ല്യൂക്കോപ്ലാസ്റ്റ് |
mSen resumo de edición |
||
Liña 7:
Pola súa ausencia de [[pigmento]]s, os leucoplastos non son verdes, polo que se localizan preferentemente en tecidos non [[fotosíntese|fotosintéticos]] da planta, como por exemplo as raíces. Poden especializarse no almacenamento masivo dalgunha substancia, como [[amidón]], [[lípido]]s ou [[proteína]]s. Porén, en moitos tipos celulares, os leucoplastos non parecen ter como función principal ou única o almacenamento, e desempeñan un amplo rango de funcións biosintéticas, incluíndo a síntese de ácidos graxos, moitos aminoácidos, e compostos tetrapirrólicos como os grupos [[hemo]]. En xeral, os leucoplastos son moito máis pequenos ca os [[cloroplasto]]s e teñen unha morfoloxía variable, a miúdo descrita como [[ameboide]].
Os leucoplastos poden estar conectados por extensas redes de [[estrómulo]]s (túbulos membranosos), como foi observado en células epidérmicas das [[raíz|raíces]], [[hipocótilo]]s e [[pétalo]]s, e en
Os [[etioplasto]]s, os cales son cloroplastos pre-granais e inmaduros, pero que se poden orixinar a partir de cloroplastos privados de luz, carecen de pigmentos activos e tecnicamente poden considerarse tamén leucoplastos. Despois de varios minutos de exposición á luz, os etioplastos empezan a transformarse en cloroplastos funcionais e deixan de ser leucoplastos incoloros.
|