Grisóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: mg:Grisons
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
== Historia ==
Gran parte do territorio do cantón foi na antigüidade parte da [[provincia romana]] chamada ''[[Recia]]'', que foi fundada o ano [[-15|15 a. C.]] Esta rexión formou parte logo da diocese de [[Coira, Suíza|Coira]].
 
En [[1367]] fundouse a [[Liga da Casa de Deus]] (''Ca' di Dio'', ''Cadi'', ''Gottes Haus'') co fin de resistir contra o crecente poder do bispo de Coira. Nesta data creouse outra liga, a [[liga Gris]] (''Grauer Bund'') ou tamén ''Oberbund'' en [[1395]] no val do [[río Rin]]. O nome de liga gris derívase da vestimenta gris da poboación autóctona, referencia que deu nome logo ao cantón. En [[1436]] fundouse unha terceira liga, a Liga das Dez Administracións (''Zehngerichtebung''), polos habitantes do ex condado de [[Toggenburg]].<ref>O condado "independizouse" tras a extinción da dinastía dos Toggenburg.</ref>
Liña 56:
 
Os últimos restos da xurisdición do bispo de Coira foron abolidos en [[1526]]. Os territorios do cantón pasaron a formar parte da [[República Helvética]], pero só foi en [[1803]] que o territorio foi declarado cantón. A constitución cantonal data de [[1892]].
 
== Economía ==
A [[agricultura]] e o [[turismo]] son os [[alicerce]]s da economía do cantón. A agricultura baséase principalmente na [[silvicultura]]. O turismo está concentrado na montaña, especialmente ao redor das cidades de Davos, [[Arosa, Grisóns|Arosa]], [[Laax]], Sankt Moritz e [[Pontresina]]. Hai varios pobos que son coñecidos pola súa beleza e turismo, principalmente no estreito val da [[Engadina]].