Voivodina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 65:
Durante a dominación romana, [[Sirmium]] (actualmente [[Sremska Mitrovica]]) foi una das catro capitais do [[Imperio romano]] e seis [[emperadores romanos]] naceron na cidade ou nos seus arredores. A cidade era capital de varias unidades administrativas romanas, como por exemplo, a [[Baixa Pannonia]], a [[Pannonia secunda]] e a prefectura pretoriana de [[Iliria]]. O dominio romano mantívose ata o s.IV, cando a rexión comezou a ser ocupada polos pobos veciños.
 
Os [[eslavo]]s (incluídos os serbios) asentáronse na rexión no s.VI e VII. No s.IX os duques búlgaros [[Salan]] e [[Glad]] mantiveron o control sobre a rexión. A sede de Salan estaba en [[Titel]]. Tras a derrota dos nobres búlgaros algunhas partes da rexión ([[Bačka]] e o [[Banato serbio|Banato]]) foron incluídos no [[reino de Hungría]], mentres que [[Syrmia]] pasou á administración do [[Imperio bizantino]] ata o s.XII, cando tamén foi incluída no reino de Hungría.
 
Entre [[1282]] e [[1316]] o rei serbio [[Stefan Dragutin]] gobernou o reino de Syrmia, que constistía nas partes setentrionais de Serbia, [[Mačva]], [[Usora]] e [[Soli]], e a súa sede foi fixada na cidade de [[Debrc]]. O seu reino atopábase na Baixa Syrmia (actualmente [[Mačva]]), mentres que outro líder local, [[Ugrin Čak]], rexeu a Alta Syrmia (actualmente [[Syrmia]]), [[Eslavonia]] e [[Bačka]], con capital en [[Ilok]]. En principio Stefan Dragutin era vasalo do rey húngaro, pero desde a caída do poder central dese reino, produciuse a independencia ''de facto'' dos dous reinos de Syrmia. Stefan Dragutin morreu en [[1316]] e foi remprazado polo seu fillo [[Vladislav II]] entre os anos [[1316]] e [[1325]], mentres que Ugrin Čak morreu en [[1311]]. Vladislav II foi vencido polo rei de Serbia [[Stefan Dečanski]] en 1324, tras o cal, a Baixa Syrmia pasou a ser disputada entre os reino serbio e o húngaro.
Liña 96:
 
== Xeografía ==
A rexión está dividida polo [[río Danubio]] e o [[río Tisa]] en [[Bačka]] ao noroeste, o [[Banato serbio|Banato]] ao leste e [[Syrmia]] ao suroeste. Unha pequena parte de [[Mačva]] está tamén na Voivodina. Hoxe en día a parte occidental de Syrmia pertence a [[Croacia]], a parte norte de Bačka é húngara, e a parte oriental do Banato está en territorio romanés. A área total da Voivodina é de 21.500 km².
 
[[Categoría:Serbia]]