Linguas artificiais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: be:Штучная мова
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
As motivacións que impulsan o xurdimento destas linguas non naturais son basicamente dúas:
* Racionalizar a comunicación humana mediante linguas perfeccionadas en aspectos onde as linguas naturais son ambiguas, inzadas de excepcións, desacordes coa lóxica, irregulares, etc. Tras este obxectivo están ideolinguas como o [[lojban]], estruturado sobre a [[lóxica de predicados]]. Dentro desta racionalización tamén se inscribe a procura de [[auxilingua]]s aptas para a comunicación internacional, como é o caso do [[esperanto]], do [[Ido]] ou de [[Interlingua (lingua artificial)|interlingua]]. Algunhas veces tamén se persegue a neutralidade cultural das auxilinguas, que é o caso do mencionado ''lojban''.
* Motivos estéticos, artísticos, ou lúdicos. Neste apartado inscríbense linguas como as desenvolvidas por [[J.R.R. Tolkien]] para as súas sagas de ficción literaria, como o [[Quenya]] ou o [[Sindarin]].